Menestra de Verduras con ingredientes da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

Este é un prato completo e moi rápido de facer que nos aportará enerxía e forza para afrontar o día a día. Poderás atopar todos os ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Ingredientes:

  • 1 cenoira
  • un puñado de xudias
  • un puñado de fabóns
  • 1/2 coliflor
  • 2 alcachofas
  • un puñado de chícharos
  • unhas poucas coles de bruselas
  • aceite de oliva
  • sal
  • 1/2 cebola
  • 2 ovos cocidos
  • taquiños de xamón

Elaboración:

Este é un prato moi sinxelo e rápido de facer. O primeiro é preparar as verduras e hortalizas.

Os fabóns son unha legume de primaveira que podes atopar na Praza da Verdura

Os fabóns son unha legume de primaveira que podes atopar na Praza da Verdura

Cortamos as cenoiras en tacos pequeniños, limpamos os fabóns e as xudías, a coliflor cortámola en ramilletes pequenos que case quepan na boca e limpamos tamén os chícharos. A alcachofa preparámola quitándolle as follas do exterior mais duras e despois cortamos o que queda en cuartos. As coles de bruselas se son moi grandes tamén as podemos cortar, se non van enteiras.

Unha vez que temos listo todo isto poñemos unha ola grande con agua ao lume e engadimos un chorriño de aceite e un pouco de sal. Cando comece a ferver engadimos todas as verduras á vez e deixamos cocer durante uns 20 minutos aproximadamente. Como cada cociña é un mundo case vos aconsello que cando vaian 15 minutos comprobedes o estado de cocción das hortalizas e legumes. Se queredes podedes poñer a cocer os ovos no medio das verduras e así aforramos ter que manchar outra ola.

A alcachofa é unha verdura que axuda a reducir o colesterol e a tensión alta

A alcachofa é unha verdura que axuda a reducir o colesterol e a tensión alta

Mentres esperamos a que cozan as verduras cortamos a cebola en anacos pequenos e a pochamos nunha tixola ata que esté brandilla que será o momento de engadir o xamón en tacos. Removemos un pouco esta mezcla para que colla sabor e se dore un pouco e reservamos.

Cando as verduras estén listas escurrímoslle a auga e pelamos os ovos que tiñamos a cocer no medio.

Poñemos as verduras nunha ensaladeira ou nunha fuente e engadimos por riba o sofrito de xamón, os ovos cocidos cortados e un chorriño de aceite.

Como podedes comprobar un prato que se fai en apenas 30-40 minutos, moi sinxelo e con verduras, porque comer con verduras non ten por que ser aburrido.

Merca productos frescos de confianza na Praza de Verdura de Vilagarcía de Arousa. Productos sementados nas nosas terras, traballados e recollidos polas vendedoras da Asociación de Productos Hortícolas de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]