Calabacín, ¿consumes o suficiente esta hortaliza?

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

O calabacín é unha das hortalizas a cal a veces por descoñecemento non consumimos o suficiente. Esta hortaliza que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía ten moitas propiedades saudables para  o noso organismo.

Beneficios que nos aporta o calabacín

  • Esta hortaliza ten un gran contido de auga que axuda a manternos hidratados incluso se somos de esas persoas que non soemos beber moito.
  • Tamén é indicado o consumo de calabacín en dietas de adelgazamento xa que ten un baixo contigo en grasas e proteínas.
  • A fibra de esta hortaliza non é tan relevante como para axudar o sistema dixestivo pero tampouco se debe despreciar neste sentido.
  • O alto contido de potasio que ten nos axuda a que o noso fígado e riles eliminen as toxinas do noso corpo de forma máis rápida e sinxela. Este aporte de potasio tamén reduce a presión arterial evitando os problemas de hipertensión.
  • Contén fósforo permite que o noso cerebro funcione correctamente evitando perdas de memoria ou fallos no sistema nervioso.
  • Os nosos ósos manteranse fortes e protexidos polo seu alto contido en calcio, por este motivo está indicado en dietas para mulleres con menopausia ou persoas con problemas de descalcificación.
  • O aporte de Vitaminas A, C e E xunto co alto contigo en auga, permite que a nosa pel, ollos, cabelo e mucosas estén protexidas frente a deshidratación e o envellecemento prematuro.
Esta hortaliza retrasa o envellecemento da pel, pelo, mucosas ... ademáis de hidratarnos no verán

Esta hortaliza retrasa o envellecemento da pel, pelo, mucosas … ademáis de hidratarnos no verán

Cómo podo consumir esta hortaliza

O calabacín é unha hortaliza que se pode consumir de moitas formas. Anque o ideal como todas as verduras é consumir sempre que se poida en crú ou pouco procesado.

  • En crú nas ensaladas
  • Á prancha
  • Ao forno recheo
  • En salteados de verduras
  • Rebozado e frito
  • Como complemento triturado na masa de diferentes sobremesas
  • Cremas e sopas
  • En batidos
  • En zume, mesturado con outras hortalizas como cenoira e pepino

 

O calabacín pódese consumir de calquer forma: crú, cocido, frito, ao forno ...

O calabacín pódese consumir de calquer forma: crú, cocido, frito, ao forno …

Na Praza da Verdura queremos coidarte e ensinarche unha forma diferente de alimentación con productos cultivados polas labradoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas.

Poderás atopar verduras, hortalizas, legumes e froitas todo fresco da mellor calidade. Productos hortícolas cultivados coas nosas mans e recollido no seu momento xusto para obter o mellor sabor e calidade.

Recorda os nosos productos chegan directamente das nosas hortas sen pasar por cámaras frigoríficas que restan sabor aos productos frescos.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]