A cebola é un dos presentes na nosa cociña de forma habitual e sobre todo no verán para engadir ás ensaladas. Hoxe en Praza da Verdura queremos que coñezas todos os beneficios do consumo da cebola, e incentivar a consumila moito máis do que o facemos.
¿Cómo consumimos a cebola?
A mellor forma de consumila e onde podemos aproveitar máis ás súas propiedades e consumindoa en crú (ensaladas, ensaladillas, aderezos …), isto ocorre na maior parte das verduras, hortalizas e legumes. Tamén se pode consumir en sofritos, cocida, asada, rebozada, sopa, caramelizada, crema e ao forno.
Como vedes a cebola é unha hortaliza que da un enorme xogo á hora de facer as comidas e ceas para a nosa familia.
Propiedades da Cebola
Problemas respiratorios:
A cebola ten un efecto mucolítico e tamén propiedades expectorantes que axudan a limpar os nosos pulmóns deixandos limpos e protexendos frente aos xermes.
As persoas que sofren de sinusite, bronquite, asma e neumonia ven como mellora a sua calidade de vida co consumo habitual de cebola , crúa ou fervida.
Esto tamén ten que ver co que seguramente escoitachedes máis de unha vez sobre se estades conxestionados durmir cunha cebola picada na mesilla para poder respirar de noite.
Problemas de corazón:
Está comprobado que o consumo de cebola impide a formación de trombos dentro das venas e arterias. De esta maneira disminue o risco de infarto de miocardio, trombose e arterioesclerose.
Diabetes
Axuda a reducir o nivel de glucosa no sangue, polo que as persoas con problemas de diabetes teñen de ter coidado en non consumir de forma excesiva, xa que poderían chegar a ter problemas de hipoglucemia.
Problemas de riles
A cebola está composta por un 90% de auga, ademáis favorece a eliminación da retención de líquidos. Esto da lugar a un aumento da orina pola que se eliminan sustancias que o corpo non precisa e evitando as infeccións urinarias, as pedras nos riles e limpandoos tamén.
Problemas de fígado
Ao igual que no caso dos riles o fígado tamén se limpa grazas as propiedades antiséptica e antibiótica que desintoxican o fígado. As persoas con problemas de hepatite e cirrosis deben consumir habitualmente cebola para axudar ao organismo a desintoxicalo.
Fortalecer o cabelo
Seguro que algunha vez escoitachedes ou vichedes á vosa avoa cocer cebolas e machacalas e aplicalas no cabelo. Isto facíase porque era de todos coñecidos que axudaba a eliminar a caspa e a grasa capilar ademáis de fortalecer o cabelo.
Picaduras de insectos e problemas da pel
A cebola ten propiedades antisépticas e antiinflamatorias que axudan a calmar a sensación de picor que produce a urticaria ou a picadura dun insecto. As súas propiedades desinfectantes axudan nos problemas de acné incluso nos mais graves.
Achégate á Praza da Verdura e verás como aforras na farmacia. Unha alimentación saudable axuda a reducir os efectos de moitas enfermidades e tamén a reducir o risco a padécelas.
Esperámoste os martes e sábados na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.