Nestes días verás pola Praza da Verdura de Vilagarcía chícharos en case todos os postos. Esta é unha legume que está presente en moitos dos pratos que facemos e por iso moita xente opta por comprar e conxelar para poder consumilos todo o ano.
Neste artigo hoxe vouvos dar algunhas razóns máis para consumir chícharos ademáis de ser un acompañante, dar sabor ou boa imaxe ao prato.
Beneficios que nos aporta o consumo de chícharos
Os chícharos podense consumir tanto en crú, como cocidos ou ao forno. Como xa dixemos noutras ocasións canto menos tempo de cocción teñan as verduras, hortalizas e legumes mais propiedades beneficiosas manterán.
As principales vantaxes que ten comer chícharos de forma habitual son:
- Circulación: axudan a evitar a arterosclerose que forma placas que impide o correcto fluxo sanguíneo. Tamén axudan a disminuir o colesterol malo do sangue beneficiando o funcionamento do corazón. Ademáis as legumes son productos naturais vasodilatadores mellorando e incluso previndo a anxina de peito e o infarto de miocardio.
- Vitaminas: Conteñen unha alta cantidade de Vitamina C e Calcio que axudan a rexenerar os osos e mucosas protexendonos do desgaste. O aporte de ferro prevén chegar ao punto de anemia.
- Diabetes: Regulan a cantidade de glucosa que temos no sangue según as necesidades de cada momento, tamén axudan ao control da fame evitando os picoteos entre horas.
- Dixestión: Estas legumes conteñen altas cantidades de fibra que favorecen o funcionamento do sistema dixestivo evitando a aparición de problemas de estreñimiento.
- Peso: a cantidad de grasa e calorias é moi baixa polo que podemos estar tranquilos se os consumimos no medio dunha dieta hipocalórica para a perda ou mentemento do peso.
Non quedes sen chícharos na casa e corre á Praza da Verdura de Vilagarcía para comprar e gardar para consumir durante todo o ano. Xa sabedes que é o acompañante ideal de moitos pratos e despois de ler os seus beneficios seguro os mirades con outros ollos.