Os chícharos como xa sabedes son moi beneficiosos para o noso sistema circulatoria á vez que case non contén calorías, polo que nos axuda a manter o noso peso, agora que chega o verán e estamos tan preocupados polo noso aspecto.
Aquí vos deixo unha receita moi sabrosa e sinxela con productos da Praza da Verdura.
Ingredientes:
- 1 manoxo de espinacas
- 300 gramos de chícharos
- 100 gramos de panceta ou bacon
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 pemento morrón pequeno
- 1 vaso de leite
- 2 culleradas sopeiras de fariña
- 1 pizca de sal
- Chorriño de aceite
Elaboración:
O primeiro que deberemos facer é cocer os chícharos nunha ola con auga e sal durante 15 minutos. Tamén limpamos as espinacas e cocémolas ao vapor durante 15 minutos con auga e un pouco de sal.
Mentres os chícharos e as espinacas están a cocer vamos a preparar o resto de ingredientes. Picamos a cebola e os allos pequeniños, tamén picamos o bacon.
Collemos unha tixola cun pouco aceite, cando esté quente engadimos a cebola e o allo picado e imos movendo para que non se nos queime. Cando a cebola colla un colorciño dourado engadimos os chícharos xa cocidos e continuamos a remexer uns 5 minutos máis.
Collemos unha ola e botamos un pouco de aceite mentras quenta cortamos o pemento en tiras para engadilo dentro da ola. Cando estén fritas engadimos fariña, sal e a leite aos poucos para ir mesturando ben. Non debemos deixar de remexer para que non se nos pegue ata que esté ben ligada.
Agora vamos a montar para meter ao forno.
Collemos un recipiente apto para forno e poñemos no fondo as follas das espinacas no fondo. Despois engadimos unha capa de chícharos co bacon e cubrimos todo con a bechamel que fixemos.
Metemos ao forno prequentado a 200º C durante 3 minutos e xa está listo para comer.