Aliméntate ben neste verán e non abuses da comida lixo

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Seguro que todos os que estades lendo algunha durante o verán recorremos á comida rápida ou tamén chamada comida lixo. Tanto sexa porque son festas e pola noite saes a comer de chiringuito ou porque queres aproveitar para ir á praia e comes calquer cousa ao sair de traballar para ter máis tempo.

Na Praza da Verdura sabemos que consumir este tipo de comidas é inevitable sobre todo para a xente nova. Neste artigo queremos informarvos de que este tipo de comida produce moitos máis danos que o simple sobrepeso.

Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

Perigos de tomar comida rápida en vez de frutas, verduras, hortalizas e legumes

Sobrepeso

Esto é o que todo o mundo coñece, que a comida rápida axuda a engordar e ten moi poucos ou ningún nutriente beneficioso para o noso organismo.

Corazón

Este tipo de comidas ten moita grasa ou na elaboración (fritos) ou na composición das carnes utilizadas. A inxesta continua de grasa sen consumo de verduras crea colesterol que pode chegar a causar infartos ou enfermidades cardiovasculares.

Diabetes

O sobrepeso e a falta de nutrientes e consumo de legumes axuda a que o páncreas se deteriore e comence a fallar que é onde se produce a insulina que regula o noso nivel de azucre no sangue.

Envellecemento

As verduras aportan vitaminas e proteínas ao noso organismo retardando o envellecemento da pel, mucosas, osos … polo que a reducción de productos frescos naturais acelera a degradación das células do noso corpo.

Problemas respiratorios

Os problemas no sistema respiratorio veñen despois da aparición do sobrepeso. As persoas obesas teñen máis problemas de oxigenación do sangue e pode incluso causarlles problemas para durmir.

As froitas e verduras frescas son unha fonte de vitaminas e nutrientes naturais para o noso corpo

As froitas e verduras frescas son unha fonte de vitaminas e nutrientes naturais para o noso corpo

Creo que con esto xa podedes tomar conciencia do importante que é aprender a alimentarnos de forma correcta e ensinarllelo aos nosos fillos para que comecen desde pequenos a practicar un xeito de vida máis saudable.

Xa sabemos que nos tempos que corren é dificil ter un respiro. Pero as horas do almorzo, comida e cea son momentos de descanso e alimentación do noso corpo. Pensade que non sólo nos alimentamos para non ter fame senón para nutrirnos e retomar forzas.

Aprende xunto coa tua familia a comer de forma correcta. Achégate os martes e sábados á Praza da Verdura e merca hortalizas, verduras, fruta e productos frescos cultivados polas labradoras da asociación de Vendedores da Praza de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]