Hidrátate con verduras, hortalizas e froita fresca

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Xa está aquí en todos os telediarios as alertas e consellos polas olas de calor. Non sair as horas do mediodía que é cando máis da o sol, ventilar, por cremas solares e hidratarnos. Pero… ¿sabemos como hidratarnos?

Aprende a hidratarte e refrescarte con hortalizas

Hidratarse non só significa beber auga, é máis cando fai calor suamos e o suor está composto tamén de minerais e sales. Por este motivo hidratarnos con auga moitas veces non é suficiente.

A continuación vamos a mostrarche que con estas 3 hortalizas tamén se pode un refrescar e rexenerar os niveis do noso corpo.

Pepino

O pepino é a hortaliza con máis auga nen máis nen menos que contén un 95%. O consumo é tan variable que mesmo podes:

  • – comer en crú nunha ensalada cando vemos que precisamos hidratarnos
  • – cortalo en anacos pequenos e mezclalo con un iogurt natural
  • – trituralo e facer un gazpacho de pepino
  • – mesturalo con leite e facer un batido (probade a engadirlle menta fresca, está boísimo)

Apio

O apio é o seguinte na lista de verduras con máis auga. Ademáis ten moita fibra que axudará a regular o tránsito dixestivo que xa sabemos que no verán co estrés sempre é mais difícil ter regularidade.

Podes comelo picado en ensaladas ou facer batidos.

Tomates

Con un 93% de auga (máis ou menos según variedades) pode ser outra das mellores opcións de hidratación, ademáis axuda a regular os niveis de colesterol e diabetes.

¿Téñovos que contar como se comen os tomates? Pois en ensaladas, crús, recheos ao forno, en gazpacho, en salmorejo, …

As hortalizas e froitas refrescan e hidratan máis que un vaso de auga

As hortalizas e froitas refrescan e hidratan máis que un vaso de auga

Na Praza da Verdura non só temos repolos para facer o caldo senón que tamén temos froita, hortalizas e legumes que nos axudan a levar o verán con máis enerxía.

O consumo habitual de hortalizas axuda a coidar de nos e da nosa familia.

Estamos todos os martes e sábados abertos de 8.30 a 14.00 horas na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]