O pepino é unha das hortalizas que case toda a sua composición é auga. Polo que en momentos de moito calor para hidratarse é moito máis saudable que tomar zumes envasados ou auga.
Esta receita é moi sinxela de preparar e poden incluso axudarche os pequenos da casa.
Ingredientes:
- – 2 pepinos grandes
- – cebollino ou cebola verde un manoxo
- – 1/2 cucharada de sal
- – 1 eneldo
- – 1 ou 2 vasos de iogur
Elaboración:
O primeiro que debemos facer é pelar os pepinos e cortalos quitándolles as sementes para non atopalas no medio da sopa.
Despois engadimos estes pepinos limpos, xunto co cebollino, o sal e o iogur nunha licuadora batimos ben ata facer unha crema. Metemos esta mezcla na neveira durante a lo menos 1 hora para enfriala.
Agora que xa está lista podemos consumila cando queiramos engadíndolle o eneldo por riba para darlle un sabor diferente. Tamén podes por trozos pequenos de pepino polo medio a modo de tropezóns.
O sabor do pepino mesturado co iogur é riquísimo seguro que inda que os nenos non lles gusten as verduras esta crema vailles gustar. Senón tamén podes probar a conxelar a mezcla en recipientes para xeados e darlles un xeado natural para refrescar feito con hortalizas.
Na Praza da Verdura podes atopar pepinos e outras moitas verduras, hortalizas, froitas e legumes.

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche