Xa estamos no verán e o calor e o sol fan que as froiteiras que as vendedoras da Praza da Verdura teñen nas súas hortas comecen a ter unha froita apetitosa.
Hoxe vamosvos falar da cirola tamén chamada: claudia, ameixa, flatón … según as diferentes variedades que existen.
Propiedades beneficiosas da cirola
Seguro que tendes escoitado ou volo ten dito o médico que cando tes problemas intestinais comer kiwi ou cirola axudanos. Esto é verdade, xa que teñen un efecto laxante que combate o estreñimento grazas á sua alta cantidade de fibra e fructosa.
As cirolas tamén conteñen vitamina C e K. A vitamina C (igual que a das laranxas) activa o sistema inmunolóxico protexendonos fronte a pequenos virus e tamén ten funcións antioxidantes para a nosa pel, mentres que a vitamina K axuda a coagulación do sangue e na formación dos ósos.
A alta presenza de potasio nas cirolas frescas axuda ao sistema nervioso e muscular regulando a correcta comunicación dos impulsos das células para comunicarse.
As persoas que acostuman a ter problemas de anemia tamén se lles recomenda tomar cirolas habitualmente xa que conteñen altas cantidades de ferro.
Variedades de cirola máis habituais na Praza
Na Praza da Verdura de Vilagarcía poderedes atopar diferentes variedades de cirola, anque as máis habituais son:
- Reina: é unha cirola pequena con unha cor típica entre amarela e verde, dentro desta variedade hay diferentes: tolosa, reina verde, reina amarela …
- Santa Rosa: é una cirola grande de cor medio morada e a sua carne é amarela
- Amber: Unha cirola de cor morada de tamaño medio
- Golden: é unha cirola amarela de gran tamaño moi doce.
Vinde xa ata a Praza da Verdura onde ademáis de mercar verduras e hortalizas para facer os pratos principais da mesa tamén podes mercar froita de temporada recollida das hortas das nosas vendedoras da asociación de productos hortícolas de Vilagarcía.