Cirolas asadas con viño

| Publicado por | Categorías: Receitas

A froita pódese comer fresca ou tamén elaborar moitas receitas diferentes: mermeladas, zumes, batidos, pasteis …

Nesta ocasión poderedes saber como se fan as cirolas con viño. Non esquezas mercar a tua froita na Praza da Verdura os martes e sábados.

Ingredientes:

  • 1 kg de cirolas grandes (se pode ser da variedade santa rosa que son moradas por fora e por dentro teñen a carne amarela)
  • 8 culleradas de sirope
  • 1 laranxa en xume
  • 1 vasiño de viño doce (por exemplo de xerez)
  • canela en pó

Elaboración: 

Lava ben as cirolas e abreas pola metade de arriba a abaixo para quítarlles o óso. Ponnas nunha fonte que poidas levar o forno e que manteña o calor. A posición deberá ser coa pel para baixo e a carne para arriba.

As cirolas regulan o noso sistema dixestivo, merca na Praza da Verdura

As cirolas regulan o noso sistema dixestivo, merca na Praza da Verdura

Ponlles unha cullerada de sirope no buraco deixado polo óso da froita. Despois só terás que botar por riba o viño doce con coidado de mollar todas as cirolas.

De seguido pon un pouco de canela en pó por riba delas, e xa está listo para meter ao forno. Meteo no forno, xa prequente, uns 20 minutos a 180ºC. Engade o zume de laranxa e volta a meter no forno ata que a carne esté branda (deberían ser uns 15-20 min. máis.

Os tempos dos fornos xa sabedes que son orientativos porque non é o mesmo un forno de leña que un eléctrico e inda entre eles hai diferenzas de tempos.

Este prato podes comelo así ou acompañalo cunha crema un pouco agria como de limón, lima … ou mesmo acompañalo cunha bola de xeado.

Xa vedes unha receita con froita sencilla que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]