No verán aumenta o número e variedade de froita que hai nas prazas de abastos e supermercados, polo que nos tamén consumimos máis froita.
Beneficio do consumo de froita durante todo o ano
A froita debe consumirse durante todo o ano e na mesma intensidade. Cada época do ano ten a súa froita de temporada que nos aporta os nutrientes e vitaminas que necesitamos según a estación que nos atopamos, como xa temos dito a natureza é moi sabia. Por este motivo na Praza da Verdura de Vilagarcía poderás atopar froita durante todo o ano.
O consumo de froita regular axuda ao noso organismo de moitas maneiras:
- A froita ten moita fibra que axuda ao sistema dixestivo.
- A froita de verán axuda a hidratarnos xa que ten un alto contido en auga
- Algunha froita como as uvas conteñen antioxidantes que axudan a rexenerar a pel e texidos do noso organismo.
- As laranxas e limóns conteñen vitamina C que tamén nos protexe dos rayos UV e activan as nosas defensas ante problemas respiratorios como: resfriados, gripes, alerxias
A froita debe consumirse de forma variada, é dicir, nunca consumir un exceso da mesma froita se non queremos ter o efecto contrario do que buscamos. O importante é o equilibio entre froitas diferentes, verduras, hortalizas e legumes.
As vendedoras da Praza da Verdura de Vilagarcía somos tamén as recolectoras das froitas, verduras, hortalizas e legumes. Ven a coñecernos os martes e sábados.

O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas