As cereixas son unha froita moi sabrosa e fácil de tomar e que os nenos adoran e coa que podemos estar tranquilos no seu consumo. Na Praza da Verdura de Vilagarcía nestes días poderás ver na maioría dos seus postos esta froita tan desexada.
Todo o que nos pode aportar as cereixas da Praza da Verdura
- Enfermidades cardíacas: as cereixas conteñen antioxidantes e melatonina que axudan a reducir o risco de enfermidades do corazón. Tamén axuda a reducir o nivel de colesterol.
- Memoria e sistema nervioso: as cereixas conteñen potasio, ácido fólico e magnesio que axudan a retardar os problemas de pérdida de memoria.
- Antiinflamatorias: axudan a reducir os síntomas de artrítis e gota xa que reducen a inflamación das articulacións.
- Sistema dixestivo: conteñen unha elevada porcentaxe de fibra axudando a regular o sistema dixestivo, anque non debemos abusar porque senón conseguiremos o efecto contrario.
- Pérdida de peso: nas dietas de adelgazamento hai que ter moito coidado con os alimentos que consumimos. As cereixas teñen un baixo aporte calórico polo que non teñen contraindicacións neste tipo de dietas.
Cómo podo consumir cereixas
As cereixas poden consumirse de diferentes formas: en crú, en macedonia, en zume, en mermelada, en batidos, en tartas … e todas as formas que se che poidan ocorrer.
Faite coas túas cerezas na Praza da Verdura e levaas contigo alí onde vaias: parque, praia, traballo, ximnasio … serán un aperitivo moito máis saudable que a comida rápida ou alimentos procesados e envasados. Ademáis é unha das poucas froitas que os nenos aceptan sen queixarse polo boa que está é o fácil de comer que é, xa que non precisan ter que sentarse.
Recorda que comer froitas e verduras axuda a tua saúde.

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche