Mermelada de fresas da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

¿A cantos non lles gusta a mermelada de fresa? Creo que a todos nos gusta ou nos apasiona. Hoxe invítovos a que a fagades vos mesmos na casa e así que poidades saborear o rico das mermeladas caseiras.

A receita é moi fácil de preparar só hai que ter paciencia.

Ingredientes:

  • 1 kgs de fresas
  • 1 taza e media de azucre
  • O zume de 1 limón
  • 1 taza de auga

Elaboración:

O primeiro é lavar ben o ingrediente principal que é a fresa. Despois de lavalo e quitarlle os peliños e as follas vamos a trocealo en trozos máis ou menos iguais de tamaño pequeno.

Poñemos estes anacos de froita na ola en que vaiamos preparar a mermelada e engadimos por riba o azucre xunto co zumo do limón. Deixamos macerar entre 1,5 e 2 horas. Neste tempo a fresa sacara o seu zume e poderemos ver como se forma unha especie de melaza xunto co azucre e o limón.

Pasado ese tempo collemos a ola engadimoslle a auga e poñémola a lume medio para que se vaian facendo pouco a pouco. Se ves que a froita ferve moito a ola recomendamosche que lle baixes o lume para evitar que se queime.

Como xa dixemos a receita é moi sinxela pero precisamos de paciencia, así que deberemos remexer lentamente durante uns 45 minutos para conseguir que a fresa se desfaga, non se pegue e quede unha textura de mermelada.

As mermeladas son moi sinxelas de facer e podes disfrutar delas durante todo o ano

As mermeladas son moi sinxelas de facer e podes disfrutar delas durante todo o ano

Se vedes que xa levades moito tempo e inda non espesou podedes facer 2 cousas:

  • Se inda quedan trozos grandes pasar un pouco a batidora
  • Utilizar agar agar, é un espesante natural utilizado en moitos casos coma xelatina.

Cando esté lista só terás que esterilizar uns botes e podes metela mermelada dentro. Cando feches os envases dalles a volta e non os voltes ata pasadas 24 horas, así asegurámonos que se fai o vacio de forma correcta. Para que dure mais tempo deberemos deixar a mermelada nun lugar onde non lle dé a luz do sol e intentar movela o menos posible.

Pódense facer mermelada de moitas hortalizas e verduras: mermelada de cenoira, mermelada de pemento, mermelada de tomate, mermelada de mazá …, así que nada de tirar coa comida.

Na Praza da Verdura poderás escoller de que hortaliza ou froita queres facer hoxe a túa mermelada.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]