Leituga fresca a compañeira perfecta para calquer prato

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Hoxe en día grazas aos invernadoiros podemos consumir leituga fresca en calquer época do ano, porque a leituga non só é para o verán como moitos pensan.

Na Praza da Verdura de Vilagarcía ademáis podes atopar diferentes tipos de leitugas segundo as preferencias de cada un:

  • Leituga rizada
  • Leituga lisa
  • Leituga de roble

Sexa cal sexa a vosa preferencia sempre acertades acompañando as vosas comidas con leituga.

Propiedades beneficiosas da leituga fresca

A leituga contén vitaminas A, B1,B2, B3, C, E (antioxidantes)

A vitamina A axuda ao correcto funcionamento do sistema inmunitario e da visión, mentres que o grupo de vitaminas B axudan a rexerar a pel, pelo, unllas e as mucosas.

A vitamina C tamén axuda a nosa pel e ao organismo a combater pequenas infección. A vitamina E axuda á formación dos texidos e a producción de glóbulos vermellos,

Contén vitamina K

Esta vitamina mantén o calcio e fosforo dos ósos alongandolle a vida cando somos adultos e permitido o seu crecemento mentres somo nenos.

Aporta oligoelementos

Está comprobado que axudan a previr algúns tipos de cancro coma os de pulmón, próstata e colon.

Contén folatos

Esto é moi importante nas mulleres en idade fértil ou que están embarazadas xa que axuda a evitar defectos no tubo neural do bebé durante o embarazo.

É un bó diurético

Axuda a eliminar os líquidos nas persoas con problemas de retención e problemas circulatorios

Debemos comer froita, verdura e legumes con frecuencia para evitar a debilidade dos ósos

Debemos comer froita, verdura e legumes con frecuencia para evitar a debilidade dos ósos

Na Praza da Verdura podes atopar todos os martes e sábados productos frescos recén recollidos das hortas do Salnés sen intermediarios nin cámaras frigoríficas. Verduras, Hortalizas, Legumes e Froitas frescas á tua disposición.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]