Coas hortalizas tamén se poden facer postres e o que non o crea que vexa é probe este biscoito de cenoira que está para chupar os dedos. Unha boa forma de que os pequenos da casa coman verduras sen darse conta.
Ingredientes:
- 250 gr de Cenoiras
- 200 gr de Fariña
- 200 gr de Azucre
- 4 ovos
- 125 ml de aceite de oliva
- 1 sobre de levadura en polvo
- 1 cullerada de canela moida
- 1 pouco de sal
Elaboración
O primeiro é coller un bol grande e mesturar os ovos xunto co azucre ata que éste se desfaga. Cando estén ben ligados engadimos o aceite e a cenoira que previamente teremos limpa e relada ben finiña e voltamos a remexer.
Agora é o momento de introducir a fariña para o biscoito. A fariña ponse tamizada xunto cunha pizca de sal, a canela e a levadura en polvo. Ligamos todo ben con a batidora e deixamos repousar mentres preparamos o molde mais o forno.
Poñemos o forno a prequentar a 180º C durante o tempo que tarde o forno en quentar imos a preparar o molde. Para isto debemos por papel vexetal para cociñar no fondo do mesmo e untar o papel mais os laterais do molde con manteiga e fariña para que resulte máis doado desmoldar.
Cando esté listo engadimos a masa do biscoito de cenoira e se o forno está quente metemos no medio do forno para que lle dé o calor por todos os lados e se faga de forma uniforme.
O tempo de espera deberá rondar os 30 minutos pero mellor que esteades atentos e a partir dos 20 minutos para que non se vos queime. O método para saber se está listo ou non é o mesmo que para todos os biscoitos, introducir un pauciño e se sae seco está listo.
Como vedes coas cenoiras tamén se poden facer sobremesas moi ricas, así que vos animo a que probedes.
As cenoiras son unha hortaliza que podedes atopar durante calquer época do ano na Praza da Verdura de Vilagarcía.