Nos últimos tempos, sobre todo os dietistas, falase cada vez máis da Pirámide de Alimentación para levar unha vida saudable. Nesta pirámide podemos atopar de abaixo ata arriba o que máis debemos consumir ao que menos debemos tomar a diario.
As froitas, verduras, hortalizas e legumes tamén están presentes nesta pirámide, concretamente na segunda escada da pirámide. O recomendable é consumir 5 racións de froita ao día distribuidos en 2 ou 3 tomas, por exemplo media mañá, comida e merenda.
Beneficios do consumo de verduras e froita de forma habitual
A froita, verdura, legume e hortalizas por sí soas non nos van a facer estar máis sanos, xa que para iso precisamos facer exercicio, descansar 8 horas e evitar os sobre esforzos. Pero anque as verduras non sexan a única solución si que influen bastante na nosa saude.
Grazas ao consumo habitual de verduras e hortalizas conseguimos un aporte extra de: auga, fibra, minerais e vitaminas.
Na zona onde nos atopamos ademáis dos productos do mar somos afortunados por a inmensa cantidade de hortas dedicadas ao cultivo.
Os productos que podedes atopar todos os martes e sábados na Praza da Verdura de Vilagarcía, están cultivados e recollidos polas labradoras e vendedoras da Asociación de Productos Hortícolas de Vilagarcía.
Estos productos son recollidos e levados directamente para os postos do mercado sin intermediarios nin cámaras frigoríficas. De esta forma podemos garantir o sabor e frescura das verduras, hortalizas e froita que vendemos.
Ven este sábado á Praza de Vilagarcía e merca verduras e hortalizas para empezar a comer sano. Na nosa sección de receitas poderás ver algunhas ideas de pratos e sobremesas sinxelas con verduras, hotalizas, legumes e froita que podes atopar. Seguro van gustar tanto a nenos como aos maiores, achégate á Praza da Verdura.