Mazás este verán na Praza da Verdura de Vilagarcía

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Estamos no verán e cada vez que vamos facer as compras da casa sempre cae algo de froita na cesta da compra. Esto é lóxico por varias razóns:

  • Co calor apetece algo fresco que levar á boca
  • Hai máis variedade de froita á venda na Praza
  • Saimos máis a pasear e a praia e levamos a froita como un aperitivo ao que botar a man en calquer momento
  • Facemos máis exercicio e precisamos de repoñer vitaminas e minerais algo que a froita ten de abondo

Hoxe vouvos falar dos beneficios que ten consumir polo menos unha mazá ao día.

Froita da Praza da Verdura: Beneficios das mazás

As mazás son ricas en pectina que axuda a reducir o colesterol e regulan os niveis de azucre no sangue. Outra das propiedades da pectina é que reducen o risco de padecer enfermidades do corazón.

Esta froita tamén ten un alto contido en fibra que axuda ao nosos sistema dixestivo a regularse mellorando os problemas de estreñimento e mellorando o tránsito nos momentos de diarrea.

O consumo de mazás habitual fai que o noso organismo elimine mellor as toxinas, xa que estimula aos riles e o fígado que son os encargados de procesar os alimentos e filtrar o que non sirve ou é dañino para o noso corpo.

Contén Vitamina C e E que son antioxidantes que favorecen o rexeneramento da pel, pelo e mucosas. Na época de verán esta función é moi importante xa que o sol e a auga salada fan que a nosa pel sufra.

A froita en concreto as mazás teñen moi poucas calorías polo que son perfectas para completar calquer dieta de adelgazamento ou mentemento, sen preocuparse.

A froita que podes atopar na Praza da Verdura non pasa por cámaras frigoríficas polo que se garantiza o ser sabor e frescura.

A froita que podes atopar na Praza da Verdura non pasa por cámaras frigoríficas polo que se garantiza o ser sabor e frescura.

Nesta época poderás atopar mazás, cirolas, melocotóns, peladillos, pexegos, fresas, cereixas … e moita forita máis na Praza da Verdura.

Merca froita de confianza nos postos das vendedoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]