As espinacas teñen un alto contido de Vitamina A que nos axuda a levar mellor os estragos que fan o calor, os raios UV, a auga do mar … na nosa pel, ollos, cabelo …
Ingredientes:
- 1 kilo e medio de espinacas limpas
- 1/2 kilo de carne fresca picada moi fina
- 1 cebola mediana
- Queixo parmesano relado
- Manteiga ou aceite de oliva
- Sal
- Pementa moida
Elaboración:
O primeiro que debemos facer é por a ferver unha ola grande con auga e sal. Cando a auga ferva introducimos as espinacas limpas e deixamos que fervan uns 3-4 minutos. Despois deberemolas escurrir ben.
Mentres pelamos e picamos as cebolas en tiras finiñas que poremos nunha tixola baixa e a poder ser ampla para que se faga uniformemente. A esta tixola engadimos un pouco de aceite ou manteiga para dorar a cebola.
Cando esté branda e case dorada engadimos as espicanas mais o queixo parmesano e salpimentamos. Remexemos e baixamos a intensidade do lume para que se faga pouco a pouco durante uns 4 minutos. Xa podemos ir prequentando o forno a uns 220º C.
Noutra tixola engadimos outro pouco de aceite ou manteiga e botamos a carne picada e outro pouco de queixo por riba. Damos volta seguido para que non se nos queime nen toste a carne. Cando vexamos que xa está case lista pasamos a carne mesturada coas espinacas a un recipiente apto para o forno e voltamos a espallar o queixo relado que nos queda e a manteiga cortada en cadradiños pequenos.
Introducimos ao forno 10-15 minutos (dependendo de cada forno) a os 220º C que o tiñamos prequentado.
Este prato recoméndase comelo quente para notar todos os sabores xunto co queixo derretido na boca.