A alcachofa é unha das hortalizas que non deixa a nadie indiferente, ou che encantan ou as odias.
Neste artigo vou a falarvos das alcachofas seguro que algunhas cousas xa as coñecías pero tamén estou segura de que outras moitas nin as imaxinabas. A alcachofa axúdanos a controlar o noso apetito saciandonos, ademáis como ten moi poucas calorías é o complemento ideal nas dietas para perder peso ou controlalo.
Alcachofa unha hortaliza que podes atopar na Praza da Verdura
Beneficios do consumo de alcachofa
Polo seu alto contido en fibra e as súa capacidade para absorver líquidos a alcachofa se converte nun aliado perfecto para solucionar os problemas dixestivos: estreñimento, ácido úrico, cálculos vesiculares, acidez de estómago …
Está comprobado que esta hortaliza axuda a combater o colesterol reducindo o malo e aumentando o bo. O consumo de alcachofa tamén axuda as problemas con tensión alta.
Esta hortaliza, a alcachofa, contén vitaminas e minerales como o potasio, sodio, ferro, magnesio … estes minerais axudan a manter os niveis de enerxia e evitar os problemas de anemia.
A alcachofa tamén é un excelente diurético, permite eliminar a retención de líquidos favorecendo a eliminación de toxinas, polo que estaremos limpando o fígado e as grasas que temos no sangue.
¿Cómo se toma a alcachofa?
Esta hortaliza se pode tomar de varias formas: cocida, salteada ou incluso en infusión.
No caso das dietas de adelgazamento se acostuma a tomar en infusión para saciar o apetito 30 minutos antes das comidas. Facer unha infusión de alcachofa é tan sinxelo como deixar ferver uns 20 gr de follas de alcachofa por cada taza (250 ml) de auga. O tempo deben ser uns 10 minutos, despois escurrimos e deixamos reposar 5 minutos.
Non se deben consumir máis de 3 tazas de té de alcachofa ao día.
Axuda ao teu corpo a eliminar grasas e líquidos este verán con axuda da alcachofa.
Na Praza da Verdura poderás atopar esta hortaliza e outras moitas verduras, froitas e legumes. Recorda que os productos que se venden na Praza son sementados e recollidos polas propias labradoras en terras do Salnés. Productos da nosa terra con total garantía de sabor e frescura.