Con tanta festa de verán o noso corpo pide a gritos unha desintoxicación de grasas e azucres, esta é unha receita baixa en calorías que aportará ao teu corpo enerxía e axudará a limpar as toxinas, azucres e colesterol. Na Praza da Verdura podes atopar verduras, hortalizas, legumes e froita que che axuden a manterte saudable para afrontar o día a día.
Ingredientes:
- aceite de oliva
- 1 pemento vermello
- 1/2 pemento verde
- calabaza
- calabacín
- 1 cebola grande
- 4 alcachofas
- tomillo seco
- sal
- pementa negra
Elaboración:
O primeiro que deberemos facer é poñer o forno a prequentar a uns 220º C.
Despois empezamos a limpar as verduras e hortalizas. Comezamos preparar as alcachofas, para isto deberás limpalas cortándolle as puntas e quitándolle as follas máis duras do arredor deixando só o corazón da alcachofa. Deberás cocélas con un chorriño de limón durante uns 10 minutos.
Mentres picamos os pementos en tiras e anacos finos, depois cortamos a carne de cabaza e o calabacín en cadrados pequenos que se poidan comer dun bocado. As cebolas cortámolas en tiras finiñas para que se fagan ben.
Unha vez está todo listo poñémolo nunha bandexa de forno con chorriño de aceite de oliva por baixo, e por riba, engadimos máis aceite, sal, tomillo e pementa negra. Listo para meter ao forno xa prequentado.
Deberás deixar as verduras e hortalizas durante uns 20-25 minutos ata que se empezan a poñer doradas. Podemos ir abrindo o forno e remexendo se queredes que as de arriba non se tosten tanto.
A este prato podedes engadirlle outras hortalizas como cenoira, tomate, patacas … o que prefirades. Simplemente deberedes ter en conta a dureza de cada verdura ou hortaliza que aportedes a maiores para que non queden unhas crúas e outras demasiado feitas.
Como vedes un prato sinxelo feito con verduras, que vai perfectamente para unha cea ou unha comida lixeira. Aporta moi poucas calorías pero si vitaminas e minerais necesarios para o noso corpo.
Porque alimentarse con verduras non ten que ser aburrido, achégate á Praza da Verdura e observa todas as posibilidades que tes.
As labradoras e vendedoras da Praza de Abastos de Vilagarcía poden axudarche a elexir as verduras e hortalizas.