O brócoli é unha hortaliza da familia das crucíferas moi parecida á coliflor. O brócoli ten moi mala fama sobre todo entre os máis pequenos da casa porque ten un sabor moi forte.
Pero o sabor é o de menos se temos en conta todos os beneficios que nos aporta: vitaminas e minerais. A continuación vamos a enumerar todo o que vamos notar se consumimos esta hortaliza que podes mercar na Praza da Verdura.
Propiedades beneficiosas do brócoli fresco
- Axuda a reducir o colesterol: esta hortaliza contén fibra que axuda a regular o sistema dixestivo facilitando a eliminación do colesterol do sangue.
- Reduce os síntomas das alerxias: o brócoli funciona como anti inflamatorio e reduce o efecto que teñen os alérxenos no noso corpo. Tamén é beneficioso o seu uso en persoas con problemas de artrite.
- Antioxidante: esta hortaliza axuda a evitar o deterioro da pel, mucosas, cabelo … influe na rexeneración máis rápida das células que os compoñen.
- Ósos: o brócoli contén uns niveis moi altos de calcio e vitamina K que influen na composición dos ósos e evitan a osteoporose temprana. En mulleres de avanzada idade ou en nais que dan o peito aos seus fillos é moi recomendable o consumo desta hortaliza. Xa que son grupos de especial risco na aparición de osteoporose temprana.
- Corazón: o brócoli contén omega 3 que axuda a reducir o colesterol ademáis as súas propiedades antiinflamatorias axudan á correcta circulación do sangue evitando ataques ou trombos.
- Dixestión: o alto contido en fibra permite o correcto funcionamento do sistema dixestivo
- Vista: o brócoli contén vitamina A e fósforo que axudan a protexer e evitar a dexeneración da vista, que cada vez sufre mais por culpa dos móviles, ordenadores …
¿Necesitades máis razóns polas que consumir verduras e sobre todo brócoli?
Merca as verduras e hortalizas no mercado local. As vendedoras da Asociación da Praza da Verdura cultivan, coidan e recollen elas mesmas todas as verduras, legumes, hortalizas e froitas que venden nos seus postos todos os martes e sábados durante todo o ano.
Productos hortícolas frescos sen intermediarios que garanten a calidade e o sabor dos teus pratos.