Na Praza da Verdura de Vilagarcía ademáis de ofrecer as mellores verduras e hortalizas aos nosos clientes, queremos ofrecerche ofertas e ideas para comer diferente con verduras. Por este motivo periódicamente podes ver receitas con verduras e hortalizas para que vexas que comer sano non é aburrido.
Ingredientes:
- touciño afumado cortadiño en anacos pequenos
- patacas
- ovos
- brócoli
- queixo relado
- leite
- sal
- aceite de oliva
Elaboración:
Esta receita ben sendo como a dunha tortilla normal pero con algunhas diferenzas.
O primeiro que deberemos facer é poñer unha tixola ao lume con aceite abundante. Mentres pelamos e picamos as patacas en anacos pequenos e cando esté o aceite quente introducimos as patacas.
Por outra parte poñemos a cocer o brócoli ao vapor ou en auga, o único que debemos deixar que quede un pouco duro. Cando as patacas e o brócoli estén listos escurrímolos e reservámolos para despois. Neste momento retiramos o exceso de aceite na tixola e poñemos o touciño a dourar xunto co brócoli.
Agora imos preparar o ovo. Nun bol grande introducimos os ovos que creemos necesarios engadimos un chorriño de leite e batemos. Unha vez está ben batido engadimos sal, queixo relado, as patacas, o brócoli e o touciño.
Remexemos ben e introducimos na tixola a lume baixo para que vaia facéndose pouco a pouco. E o resto como unha tortilla normal cando vexamos que empeza a callar o ovo dámoslle a volta para que remate de facerse polo outro lado.
Se non tes claro que facer de comer estes días anímovos a entrar na sección de receitas da nosa web PrazaVerdura.com