As coles de bruselas son unha verdura de outono que xa podemos empezar a ver polos postos da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa. O seu sabor e cheiro é característico polo alto contido de azufre que teñen.
Moitas persoas rehusan de comer esta verdura porque acostuma a ser pesada na dixestión pero é unha mala decisión. O que se debe facer é consumir unha cantidade más reducida de esta verdura e acompañala de outros alimentos menos pesados como por exemplo peixe. Ao evitar comer coles de bruselas estamos a desaproveitar todos os beneficios que nos pode aportar esta pequena verdura.
Propiedades beneficiosas das Coles de Bruselas frescas
- Reduce o risco de cancro: como xa dixemos noutras ocasión cando falábamos do allo que hai estudos que din que as hortalizas e verduras que conteñen azufre axudan a previr a formación de células canceríxenas.
- Fortalece os ósos: as coles de bruselas teñen un alto porcentaxe de Vitamina K. Esta vitamina prevén e retrasa o proceso de osteoporose. Esto beneficia sobre todo as mulleres que dan o peito a nenos, mulleres coa menopausia e persoas anciáns en xeral.
- Sistema inmunolóxico: o consumo periódico desta verdura que contén vitamina C axuda a manter fortes e activadas as nosas defensas.
- Anti Inflamatorio: reduce os riscos de padecer un problema de corazón ou vascular.
- Baixa o colesterol: as coles de bruselas conteñen Omega 3 que axuda a eliminar o colesterol e reducir a presión arterial
- Dixestión: a pesar de que é unha verdura con unha dixestión difícil o seu consumo axuda a evitar problemas de estreñimento e a limpar os riles e fígado.
- Antioxidantes: a nosa pel, cabelo, ollos … sufren o paso dos anos e os efectos dos rayos UV. As coles de bruselas conteñen antioxidantes que axudan a protexer estas partes do corpo e a retrasar o envellecemento natural.
- Sistema nervioso: para un correcto funcionamento das nosas conexións nerviosas precisamos o potasio. Un correcto nivel de potasio axuda a controlar algo tan esencial como son os latexos do corazón.
- Memoria: o potasio tamén axuda ás neuronas do cerebro, retrasando ou evitando a aparición de parkinson e alzheimer .
Seguro que me quedan moitas outras vantaxes de tomar Coles de Bruselas periódicamente.
Dende a Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía, anímamosvos a que nos enviedes emails a hola@prazaverdura.com comentandonos as vosas dudas sobre verduras, hortalizas, receitas, temporadas de consumo, temporada de cultivo …