Empeza o outono e faise notar nos postos da Praza da Verdura de Vilagarcía, ofrecendo castañas, producto otoñal por excelencia. Este fruto seco destaca por ter pouca grasa e ser moi rico en hidratos de carbono, proteínas e fibra, ademáis de ser antioxidantes. Pero… ¿crudas, cocidas ou asadas?
A continuación deixamos un par de receitas; aproveitando a tempada de cogumelos faremos un salteado de cogumelos, zanahorias e castañas, para que coñezades unha forma de comer castaña asada e logo faremos un pudding de castañas para que, neste caso, coñezades unha receita de castaña cocida.
Salteado de cogumelos, zanahorias e castañas
Ingredientes:
- 300 gr. de cogumelos de temporada
- 1 chalota
- 2 zanahorias
- 12 castañas
- 1 chorriño de viño branco
- Allo
- Tomillo
- Pementa negra
- Sal
- Aceite de oliva Virxen Extra

Saletado cogumelos e castañas
Elaboración:
O primeiro paso a seguir é lavar as castañas e darlle un corte nun lateral, cociñalas en unha sartén ou no forno durante 20 minutos, coidando de que non se pasen. Esperar que enfríen un pouco e pelalas.
Limpiamos ben os cogumelos con un paño, e cortamos a base do pé, si fixese falta. Troceamolas si son moi grandes. Pelamos as zanahorias, cortamos os extremos e troceamos en rodaxas, non moi grosas. Picamos tamen a chalota moi fina.
Quentamos un pouco de aceite nunha sartén e añadimos a chalota e as zanahorias, salpimentamos e salteamos a lume alto hasta que empezen a reblandecer. Engadimos os cogumelos, o allo, o tomillo e un chorriño de viño; esperamos dous minutos para engadir as castañas peladas, tapamos e dexiamos cociñar uns minutos, hasta que vexamos que os vexetais están no punto que queremos.
Pudding de castañas
Ingredientes:
- 1/2 kg. de castañas
- 750 ml. de leite enteira
- 4 ovos
- 60 gr. de manteiga
- 80 gr. de azúcar
- esencia de vainilla
Elaboración:
Primeiro cocemos as castañas en auga uns 10 minutos, para poder pelalas ben. Escurrimos, pelamos e troceamos. Colocamos unha cacerola con leite, manteiga, azúcar e unha culler de esencia de vainilla. Deixamos cocer a lo menos 1 hora a lume moi lento, removendo de vez en cando.
Pasado o tempo, pasamos todo por a batidora hasta que nos quede unha fina crema. Engadimos as xemas dos ovos e mezclamos ben. Cando sea unha pasta homoxénea engadimos as claras o punto de neve y seguimos batendo para que non perda exponxosidade.
Vertemos a mezcla nun molde para forno, previamente untado con un pouco de manteiga. Metemos ó forno durante 1 hora a 180 graos. Unha vez pasado o tempo, deixamos que se enfríe, demoldamos e listo para comer!

Pudding de castañas
Temos unha boa cea para un frío día de outono.