Verduras de tempada para combatir o frío

| Publicado por | Categorías: Receitas

 

Aproveitando que Praza da Vedura de Vilagarcía está a rebosar de verduras e hortalizas frescas, vamos a facer unha sopa, ideal como primeiro prato ou cea, para días de frío, moi sinxela e nutritiva.

Sopa hortelana

Ingredientes

  • 2 cenoiras
  • 4 puerros
  • 3 patacas
  • 100 gr. apio
  • 250 gr. panceta magra
  • 150 gr. pan duro
  • 2 1/2 litros de auga
  • 1 folla de laurel
  • sal

Elaboración:

Limpamos as hortalizas e as patacas, pelamos e cortamos en rodaxas.

Poñemolas nunha cacerola cubertas de auga, engadimos sal e panceta, e deixamos cocer 2 horas (máis ou menos), colamos o caldo para outra cacerola.

Retiramos a panceta, que cortamos en dadiños e engadimola no caldo, xunto co pan cortado en rebanadas moi finas. Poñemos de novo ó lume, deixamos ferver 5 minutos e listo para comer.

As cenoiras, puerros e o apio están de tempada, podedes encontrar estos ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía. Recorda que estes productos son da nosa terra con total garantía de frescura e sabor.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]