O repolo chega a Praza da Verdura de Vilagarcía, fresco e con moito sabor, para que, con este frío, podamos facer pratos saludables e ter o corpo quentiño. Ademáis de ser unha verdura baixa en calorías, tamén é boa para o tránsito intestinal e ten beneficios diuréticos e depurativos… con todas estas ventaxas, ¿por qué non vamos a comer repolo? Ademáis é moi sinxelo de cociñar!
Repolo con allo e pimentón
Ingredientes:
- 1/2 repolo
- 4 patacas grandes
- 1 culler de pimentón dulce
- 3 allos medianos
Elaboración:
Lavamos a partimos o repolo, poñemolo nunha cacerola e cubrimola con auga, engadimos un chisco de sal e poñemos a ferver.
Cando vexamos que está blando (esto sempre é a gusto de cada un), poñemolo a escurrir.
Por outro lado, pelamos e lavamos as patacas, e poñemolas a cocer. Cando estén cocidas, poñemos a escurrir tamen.
Podense cocer o repolo e as patacas a vez, pero hai que ter en conta que ó repolo levalle un pouco máis de tempo cocer que a pataca.
Nunha tixola, poñemos un chorriño de aceite de oliva virxen e os allos laminados, cando vexamos o allo doradiño, retiramos e deixamos enfríar un pouco para poder engadir o pimentón e que este non se queime.
Xa por último, colocamos as patacas e o repolo nunha bandexa de servir, e regámolo co preparado da tixola.

Repolo con allo e pementon