Entroido e cocido

| Publicado por | Categorías: Receitas

A Praza da Vedura de Vilagarcía enchese de grelos, repolo e patacas, para darlle a benvida o entroido e o cocido, típica comida por excelencia de estas festas.

Mans a obra… Comezamos!!!

Cocido galego

Ingredientes:

  • 1kg. de garbanzos
  • 2 manoxos de grelos
  • 2 lenguas de porco salgadas
  • 1 cachucha enteira
  • 1 kg. de patacas
  • 1 pouquiño de unto
  • 8 chourizos
  • 2 orellas de porco salgadas
  • 1/2 lacón
  • 2 rabos de porco salgados
  • 1 trozo de carne de terneira
  • Auga
  • Sal

Elaboración:

Dous días antes de preparar o cocido, temos que poñer en remollo as partes do porco salgadas, cambiando a auga, mínimo unha vez ó día.

Doce horas antes, deixamos os garbanzos a remollo.

Nunha cacola grande, poñemos auga a ferver,  botamos os garbanzos, a carne de porco e un trozo de carne de terneira (a que máis nos guste).

Durante 1 hora e media, deixamos a lume medio. Salamos a media cocción. Vamos retirando a carne según se vaia facendo, normalmente primeiro a orella, o rabo, carne de terneira, depois a cachucha e por último o lacón.

En outra cazola coceremos os grelos, as patacas enteiras e os chorizos, non nos olvidemos de engadir o unto. Deixamos 20 minutos a lume alto.

Xa teremos o cocido listo!

A presentación vai a gusto de cada un.

Grelos e patacas da Praza da Verdura de Vilagarcía

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]