Nísperos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Chegan os nísperos a Praza da Verdura de Vilagarcía.

O níspero aportanos potasio, fósforo, calcio, manganeso, sodio e zinc. Tamen teñen propiedades astringentes, diuréticas, antiinflamatorias, antidiábeticas e saciantes.

Principalmente, tomamolos de postre ou entre comidas, pero tamen quedan perfectos en ensaladas, aliños ou doces.

Damosche unha idea para incluir o níspero nunha ensalada.

Ensalda de nísperos, pasta e pataca

Ingredientes:

  • 2 patacas cocidas
  • 4 tomates pequenos
  • 1 puñado de espaguetti cocidos
  • 4 nísperos grandes
  • 1 puñados de canónigos
  • vinagre de mazá
  • orégano seco

Elaboración:

Primeiro prepararemos o aliño, en un tarro de cristal con tapa, poñemos sal, vinagre e o orégano; axitamos ata emulsionar, tapamos e metemos na nevera.

Cortamos as patacas en rodaxas, poñemolas nunha fonte, con un pouco de sal. Lavamos os tomates, cortamolos ó medio e colocamolos encima das patacas.

Pelamos os nísperos e cortamolos en catro trozos, engadimolos a ensalada xunto cos espaguettis e os canónigos.

Cinco minutos antes de servir, incorporamoslle o aliño.

Unha ensalada con diferentes nutrientes para empezar a comer lixeiro esta primavera.

Ensalada de nisperos

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]