O mes de Maio está cheo de verduras e froitas super ricas. Todas elas atopámolas na Praza da Verdura de Vilagarcía.
Hoxe traemos unha receita na que usamos varias verduras e hortalizas, pero na que o seu ingrediente principal é o pemento vermello, ingrediente do que a Praza da Verdura, está repleta.
Pemento vermello recheo de vexetais
Ingredientes
- 6 pementos morrón medianos
- (Para o recheo)
- 1 calabacín pequeno
- 1 cebola mediana
- 1 pemento morrón pequeno
- 3 dentes de allo
- 350 gr. de cabaza
- 1 ramiña de ceboleta
- 100 gr. de queixo fresco
- pementa negra
- pementón doce
- 3 ovos cocidos
- 100 gr. de mozarella raiada (isto pode ser opcional, é para a cobertura)
- aceite de oliva Virxe extra
- Sal
Elaboración
Comenzamos por pelar e picar a cebola e os allos. Seguimos por pelar a cabaza e cortala en dados pequenos.
Quitamos os extremos do calabacín e cortamos en dados, igual que a cabaza. Picamos o pemento pequeno e a ceboleta.
En unha sartén, con un chorro de aceite, sofreímos todos estos ingredientes, condimentamos con sal, pementa e pimentón. Deixamos que se cocién ata que queden tiernos.
Engadimos o queixo fresco e mezclamolo para que se integre cos demáis ingredientes. Deixamos cociñar un par de minutos a lume medio e reservamos.
Para limpar os pementos que vamos reencher, cortaremoslle o extremo donde se atopa o tallo, condimentámolo con aceite de oliva e sal. Colocamos nunha bandexa apta para forno.
Reenchemos a metade de cada pemento con preparado que fixemos cos outros ingredientes, e encima colocamos a metade dun ovo cocido. Terminamos de reencher por completo cada pemento, tapando así o ovo cocido que quedaría no centro.
Metemos a bandexa cos pementos ó forno, durante 20-30 minutos a 180 graos.

pemento recheo de vexetais