A receita que vos propoñemos hoxe, ademáis de ser ideal contra o calor, é unha receta moi pouco calórica e moi diurética.
Gazpacho de sandía
Ingredientes:
- 500 gr. de sandía
- 1/2 pemento vermello
- 500 gr. tomate maduro
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- aceite de oliva
- 200ml. vinagre de viño
- sal
Elaboración:
Lavamos os tomates e o pemento, pelamos a cebola e o allo. Picamos en trozos medianos todas as verduras e a sandía.
A continuación metemos todos no vaso da batidora, engadimos un chorriño de aceite, o vinagre e o sal.
Batimos ata que teñamos todo ben triturado e sen tropezóns.
E aconsellable deixalo no frigorífico durante un par de horas, para servilo ben frío.
Tamen podedes engadirlle picatostes, pero eso xa sumaría calorías.
Encontraredes froitas e verduras frescas, para este e outras receitas, na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Gazpacho de sandía