Hamburguesas vexetarianas

| Publicado por | Categorías: Novas Praza, Receitas

Esta é unha receita xenial para vexetarianos e para todos ós que lle guste comer de forma sana e divertida, e sobre todo para os pequenos da casa; comerán verduras sin darse conta. Xa veredes que con estas hamburguesas, non protestarán por comer veduras.

Hamburguesas vexetarianas

Ingredientes:

  • 1 calabacín 
  • 1 zanahoria
  • 1 pataca grande
  • 2 culleres de queixo raiado fino (tipo parmesano)
  • 1 ovo batido
  • pan raiado
  • allo granulado
  • pementa negra
  • tomillo
  • sal
  • aceite de oliva

Elaboración:

Comezamos por lavar e pelar as patacas, a zanahoria e o calabacín, unha vez pelados deberemos raialos. Despois de iso, deberemos escurrir ben a auga que solta, para iso podemos utilizar un papel de cociña ou un paño de algodón limpo.

Unha vez escurrido, poñemos nun bol e engadimos o resto dos ingredientes, menos o aceite. Engadimos o pan raiado hasta conseguir unha textura húmeda, pero que permita facer as hamburguesas compactas.

En unha sartén, quentamos o aceite, unha vez quente freiremos as hamburguesas, deixandoas ben doradiñas por ambos lados. Unha vez feitas, retiramos do lume e deixamolas reposar sobre un papel absorvente para retirar o exceso de aceite.

Xa temos listas as nosas hamburguesas. Podense servir con unha ensalada, con chips de hortalizas ou montando unha American Cheeseburguer!

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]