Marmelo

| Publicado por | Categorías: Receitas

Empezan a chegar os marmelos a Praza da Verdura de Vilagarcía, asíque vamos a por eles e comencemos a traballar na cociña!!

O marmelo ten un sabor moi ácido, o que fai que sexa prácticamente incomestible o natural; por este motivo, na maioría dos casos, prepárase con azúcar para facer mermeladas, compota ou o famoso doce de marmelo.

Doce de marmelo

Ingredientes:

2 kg. de marmelo

2 kg. de azúcar

Elaboración:

Pelamos e troceamos os marmelos, poñémolos nunha tarteira cubertos co azúcar e deixámolos repousar durante 8 horas, ou toda a noite.

Transcurrido ese tempo, poñemos a tarteira o lume, sin quitar a auga que foi soltando durante o tempo de espera. Vamos removendo con unha culler de pau, con moito coidado, pois o levar tanto azúcar, chega a unha temperatura moi alta.

Pouco a pouco, o marmelo irase desfacendo. Cando vexamos que xa está moi brando e desfacendose, pasamoslle a batidora; con moito coidado de non queimarnos. Deixamos que siga cocendo. Sabremos que está listo, cando o poñer a culler de madeira no centro da tarteira, se quede de pé.

Retiramos do lume e antes de que enfríe vertemolo en botes con tapa, preferiblemente de cristal. Unha vez frío, cerramos os botes e termos doce de marmelo para unha boa tempada.

Con este doce podemos facer diferentes receitas doces, acompañalo con queixo, en torradas para almorzo, etc..

Sólo é cuestión de imaxinación!

Doce de marmelo

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]