As receitas da Praza de Vilagarcía
Queremosche axudar a a desfrutar do sabor das nosas hortalizas, legumes, verduras e froitas. Productos tan ricos e saudables que temos na nosa terra e que nos sementamos, coidamos e colleitamos con ilusión.
Queremosche axudar a a desfrutar do sabor das nosas hortalizas, legumes, verduras e froitas. Productos tan ricos e saudables que temos na nosa terra e que nos sementamos, coidamos e colleitamos con ilusión.
Empezan a chegar os marmelos a Praza da Verdura de Vilagarcía, asíque vamos a por eles e comencemos a traballar na cociña!! O marmelo ten un sabor moi ácido, o que fai que sexa prácticamente incomestible o natural; por este motivo, na maioría dos casos, prepárase con azúcar para facer mermeladas, compota ou o famoso doce de marmelo. Doce de marmelo Ingredientes: 2 kg. de marmelo 2 kg. de azúcar Elaboración: Pelamos e troceamos os marmelos, poñémolos nunha tarteira cubertos co azúcar e deixámolos repousar durante 8 horas, ou toda a noite. Transcurrido ese tempo, poñemos a tarteira o lume, sin quitar a auga que foi soltando durante o tempo de espera. Vamos removendo con unha culler de pau, con moito coidado, pois o levar tanto azúcar, chega a unha temperatura moi alta. Pouco a pouco, o marmelo irase desfacendo. Cando vexamos que xa está moi brando e desfacendose, pasamoslle a batidora; con moito coidado de non queimarnos. Deixamos que siga cocendo. Sabremos que está listo, cando o poñer a culler de madeira no centro da tarteira, se quede de pé. Retiramos do lume e antes de que enfríe vertemolo en botes con tapa, preferiblemente de cristal. Unha vez frío, cerramos os botes e termos doce de marmelo para unha boa tempada. Con este doce podemos facer diferentes receitas doces, acompañalo con queixo, en torradas para almorzo, etc.. Sólo é cuestión de imaxinación! Doce de marmelo
Ingredientes: 4 calabacíns 4 tomates 2 lonchas de xamón serrano 80 gr. queixo parmesano 40 gr de piñóns 1 dente de allo aceite de oliva sal pementa Elaboración: Lavamos e cortamos os calabacíns en láminas moi finas, evitamos a parte central das semillas. Cortamos o xamón en tiras, tamén moi finas, mentres doramos os piñóns nunha sartén, tendo coidado de que non se nos queimen. Lavamos os tomates e cortámolos en dados, teremos que pelar e picar o dente de allo, o queixo tamen o cortaremos e lascas finas. En unha sartén grande, poñemos aceite a quentar, engadimos as láminas de calabacín e dorámolas a lume alto durante 2 minutos, removendo contiuamente. Incorporamos o allo, os dados de tomate, sazonamos con sal e pementa e cociñamos durante 1 minuto máis. Apagamos o lume, espolvoreamos a albahaca picada, engadimos o xamón e mezclamos todo. Unha vez servido no prato, rocíamos con aceite de oliva e acompañamos co queixo. Bo proveito!! Tallaríns de calabacín con piñons
Esta é unha receita xenial para vexetarianos e para todos ós que lle guste comer de forma sana e divertida, e sobre todo para os pequenos da casa; comerán verduras sin darse conta. Xa veredes que con estas hamburguesas, non protestarán por comer veduras. Hamburguesas vexetarianas Ingredientes: 1 calabacín 1 zanahoria 1 pataca grande 2 culleres de queixo raiado fino (tipo parmesano) 1 ovo batido pan raiado allo granulado pementa negra tomillo sal aceite de oliva Elaboración: Comezamos por lavar e pelar as patacas, a zanahoria e o calabacín, unha vez pelados deberemos raialos. Despois de iso, deberemos escurrir ben a auga que solta, para iso podemos utilizar un papel de cociña ou un paño de algodón limpo. Unha vez escurrido, poñemos nun bol e engadimos o resto dos ingredientes, menos o aceite. Engadimos o pan raiado hasta conseguir unha textura húmeda, pero que permita facer as hamburguesas compactas. En unha sartén, quentamos o aceite, unha vez quente freiremos as hamburguesas, deixandoas ben doradiñas por ambos lados. Unha vez feitas, retiramos do lume e deixamolas reposar sobre un papel absorvente para retirar o exceso de aceite. Xa temos listas as nosas hamburguesas. Podense servir con unha ensalada, con chips de hortalizas ou montando unha American Cheeseburguer!
A receita que vos propoñemos hoxe, ademáis de ser ideal contra o calor, é unha receta moi pouco calórica e moi diurética. Gazpacho de sandía Ingredientes: 500 gr. de sandía 1/2 pemento vermello 500 gr. tomate maduro 1 cebola 2 dentes de allo aceite de oliva 200ml. vinagre de viño sal Elaboración: Lavamos os tomates e o pemento, pelamos a cebola e o allo. Picamos en trozos medianos todas as verduras e a sandía. A continuación metemos todos no vaso da batidora, engadimos un chorriño de aceite, o vinagre e o sal. Batimos ata que teñamos todo ben triturado e sen tropezóns. E aconsellable deixalo no frigorífico durante un par de horas, para servilo ben frío. Tamen podedes engadirlle picatostes, pero eso xa sumaría calorías. Encontraredes froitas e verduras frescas, para este e outras receitas, na Praza da Verdura de Vilagarcía. Gazpacho de sandía
Damos a benvida o véran, e con él a unha gran variedade de froitas. Aproveita para refrescarte tí e os teus fillos de forma sana con este batido de froita variada, que atoparás na Praza da Verdura de Vilagarcía. Batido de froitas Ingredientes: 3 albaricoques 1 plátano 1 rodaxa de sandía 1 iogurt natural 2 peras Elaboración: O primeiro a facer e pelar as froitas e cortalas en dados. En un vaso da batidora, mezclamos as froitas e o iogurt, batimos durante uns minutos. Podemos engadir un par de cubitos de xeo, para que sexa máis refrescante. Si vemos que nos queda un pouco espeso, podemos engadirlle leite, a ser posible desnatada. As froitas poden variar, según o gusto de cada un. Batido de froitas frescas
Ingredientes: pataca cabaza pepino aceite oliva sal Elaboración: Pelamos as hortalizas e cortámolas en láminas, como de un centímetro de grosor. Canto máis grosas máis tardarán en cociñarse. Colocamolas nunha bandexa do forno, forrada con papel especial para forno. É importante que non queden amontoadas. Regámolas con un pouco de aceite de oliva e sal. Metemos no forno durante 20 minutos a 230 graos. Retiramos e listos para comer. Xa temos un aperitivo sano e rico. As hortalizas pódense cambiar porque calquer outras que vos queirades. Xa sabedes que na Praza da Verdura de Vilagarcía atoparedes gran variedade delas, e non deixan de ser productos das nosas terras. Esta receita axudaravos a levar a cabo un dos consellos que demos o mes pasado para comezar a comer máis sano. chips de hortalizas
O mes de Maio está cheo de verduras e froitas super ricas. Todas elas atopámolas na Praza da Verdura de Vilagarcía. Hoxe traemos unha receita na que usamos varias verduras e hortalizas, pero na que o seu ingrediente principal é o pemento vermello, ingrediente do que a Praza da Verdura, está repleta. Pemento vermello recheo de vexetais Ingredientes 6 pementos morrón medianos (Para o recheo) 1 calabacín pequeno 1 cebola mediana 1 pemento morrón pequeno 3 dentes de allo 350 gr. de cabaza 1 ramiña de ceboleta 100 gr. de queixo fresco pementa negra pementón doce 3 ovos cocidos 100 gr. de mozarella raiada (isto pode ser opcional, é para a cobertura) aceite de oliva Virxe extra Sal Elaboración Comenzamos por pelar e picar a cebola e os allos. Seguimos por pelar a cabaza e cortala en dados pequenos. Quitamos os extremos do calabacín e cortamos en dados, igual que a cabaza. Picamos o pemento pequeno e a ceboleta. En unha sartén, con un chorro de aceite, sofreímos todos estos ingredientes, condimentamos con sal, pementa e pimentón. Deixamos que se cocién ata que queden tiernos. Engadimos o queixo fresco e mezclamolo para que se integre cos demáis ingredientes. Deixamos cociñar un par de minutos a lume medio e reservamos. Para limpar os pementos que vamos reencher, cortaremoslle o extremo donde se atopa o tallo, condimentámolo con aceite de oliva e sal. Colocamos nunha bandexa apta para forno. Reenchemos a metade de cada pemento con preparado que fixemos cos outros ingredientes, e encima colocamos a metade dun ovo cocido. Terminamos de reencher por completo cada pemento, tapando así o ovo cocido que quedaría no centro. Metemos a bandexa cos pementos ó forno, durante 20-30 minutos a 180 graos. pemento recheo de vexetais
Chegan os nísperos a Praza da Verdura de Vilagarcía. O níspero aportanos potasio, fósforo, calcio, manganeso, sodio e zinc. Tamen teñen propiedades astringentes, diuréticas, antiinflamatorias, antidiábeticas e saciantes. Principalmente, tomamolos de postre ou entre comidas, pero tamen quedan perfectos en ensaladas, aliños ou doces. Damosche unha idea para incluir o níspero nunha ensalada. Ensalda de nísperos, pasta e pataca Ingredientes: 2 patacas cocidas 4 tomates pequenos 1 puñado de espaguetti cocidos 4 nísperos grandes 1 puñados de canónigos vinagre de mazá orégano seco Elaboración: Primeiro prepararemos o aliño, en un tarro de cristal con tapa, poñemos sal, vinagre e o orégano; axitamos ata emulsionar, tapamos e metemos na nevera. Cortamos as patacas en rodaxas, poñemolas nunha fonte, con un pouco de sal. Lavamos os tomates, cortamolos ó medio e colocamolos encima das patacas. Pelamos os nísperos e cortamolos en catro trozos, engadimolos a ensalada xunto cos espaguettis e os canónigos. Cinco minutos antes de servir, incorporamoslle o aliño. Unha ensalada con diferentes nutrientes para empezar a comer lixeiro esta primavera. Ensalada de nisperos
Ingredientes: 5 tomates grandes 2 cebolas 200 gr. gambas peladas 300 gr. peixe sapo olivas sen oso aceite de oliva 5 lonchas finas de queixo Elaboración: Os tomates, unha vez lavados, cortamoslle unha tapa pola parte superior, con unha culler baleiramolos con moito coidado, para non rompelos. Reservamos a pulpa. Nunha fonte de forno, poñemos os tomates baleiros, botámoslle un chorriño de aceite a cada un, e metémolos no forno durante doce minutos. O recheo facémolo nunha tixola, na que poñemos o aceite, a cebola moi picada,a pulpa do tomate, as gambas peladas e o peixe sapo, cortado en dadiños, engadimos as olivas tamén ben picadiñas. Deixamos que se faga a lume baixo, cando esté listo, echemos os tomates, tapamos cada un deles con unha lonhcha de queixo e metémolos ó forno ata que se funda. Xa temos lista unha boa cea, combinando verdura con peixe de unha forma orixinal. Na Praza da Verdura de Vilagarcía, atoparedes uns tomates grandes e frescos, producto da nosa terra. tomates recheos
Ingredientes: 500 gr. de chícharos 1 cebola 1litro caldo de carne 2 ovos cocidos 100 gr. xamón curado Aceite de oliva Virxe extra Sal Elaboración: O primeiro paso a facer será sacar os chícharos das súas vainas, algo moi sinxelo non?? Nunha cazola botamos un chorro de aceite, no que fritimos a cebola cortada en xuliana ata que se poña dourada, engadimos os chícharos, refogamos e engadimos o caldo de carne. Deixamos cocer uns 20 minutos e pasamos todos pola batidora. Pasamos a crema por un colador, para evitar grumos. Engadimos os ovos codidos e o xamón, cortados en taquiños. Con esta receta damos a benvida a tempada de chícharos, que podedes atopar estos días na Praza da Vedura de Vilagarcía. chicharos na Praza da Verdura
A Praza da Vedura de Vilagarcía enchese de grelos, repolo e patacas, para darlle a benvida o entroido e o cocido, típica comida por excelencia de estas festas. Mans a obra… Comezamos!!! Cocido galego Ingredientes: 1kg. de garbanzos 2 manoxos de grelos 2 lenguas de porco salgadas 1 cachucha enteira 1 kg. de patacas 1 pouquiño de unto 8 chourizos 2 orellas de porco salgadas 1/2 lacón 2 rabos de porco salgados 1 trozo de carne de terneira Auga Sal Elaboración: Dous días antes de preparar o cocido, temos que poñer en remollo as partes do porco salgadas, cambiando a auga, mínimo unha vez ó día. Doce horas antes, deixamos os garbanzos a remollo. Nunha cacola grande, poñemos auga a ferver, botamos os garbanzos, a carne de porco e un trozo de carne de terneira (a que máis nos guste). Durante 1 hora e media, deixamos a lume medio. Salamos a media cocción. Vamos retirando a carne según se vaia facendo, normalmente primeiro a orella, o rabo, carne de terneira, depois a cachucha e por último o lacón. En outra cazola coceremos os grelos, as patacas enteiras e os chorizos, non nos olvidemos de engadir o unto. Deixamos 20 minutos a lume alto. Xa teremos o cocido listo! A presentación vai a gusto de cada un. Grelos e patacas da Praza da Verdura de Vilagarcía
Con esta receta tan doce, conseguiremos que os pequenos da casa coman zanahoria de unha forma divertida. Pero non só os peques deben comer zanahoria, este vexetal ten moitos beneficios para a saúde, veredes sete de eles: Os aromas da zanahoria, estimulan o apetito. Comela cruda fortalece os dentes e as encías. Gracias ó seu alto contido en fibra, axuda a combatir o estreñimento. Polo seu contido en auga, e diurética e axuda a non ter cálculos renais. Rica en potasio e fósforo, esto axuda a manter a mente activa. Fortalece as uñas e o cabelo. Mellora a calidade de leite materna A comer zanahoria!!!! Galletas de zanahoria Ingredientes: 100 gr. de manteiga 80 gr. de azúcar 100 gr. de zanahoria raiada 180 gr. fariña 1 culler pequena de esencia de vainilla 1 culler de levadura de repostería 1 pizca de sal Elaboración: Batimos a manteiga co azúcar, usando varillas eléctricas ou ben con unha culler de pau. Engadimos as zanahorias, peladas e raiadas; seguimos batendo e incorporando, pouco a pouco, a fariña, a levadura e unha pizca de sal. Por último, sólo nos queda engadir a esencia de vainilla. Revolvemos ata conseguir unha pasta homoxénea. Facemos boliñas de masa coas mans, e aplastamolas para darlle forma de galleta. Colocamolas nunha placa de forno engrasada. Metemos no forno, previamente quente, a 180 grados hasta que as vexamos doradas (o tempo dependerá do grosor que lle deramos). ¡ Non vale comelas antes de que cheguen os reis!!! zanahorias frescas praza da verdura
Acheganse as Navidades e hai que ir pensando en que imos preparar para a cena de Noiteboa. Aproveitando a temporada de coliflor, que podemos atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía, vamos ca receta de un clásico, bacallau con coliflor. Bacalao con coliflor Ingredientes: 800 gr. de bacallau (4 lomos de 200 gr) 1 coliflor mediana 4 patacas medianas 1 cebola 6 dentes de allo 1/2 vaso de aceite de oliva 1 cucharadiña de pementón dulce 1 cucharadiña de vinagre Auga Sal Elaboración: Primeiro debemos desalar os lomos de bacallau durante 48 horas, coa pel hacia arriba. Empezamos por ferver a auga nunha cacerola con un pouco de sal, añadimos a coliflor (xa limpa e pelada) en 4 trozos, a cebola en dúas metades e as patacas en 4 trozos grandes. Transcurridos 15 minutos de fervor, añadimos os lomos de bacallau e deixamos ferver outros 5 minutos máis. Servimos o bacallau, a coliflor e as patacas, esparcindo a allada por encima. Preparación da allada: Cortamos os allos en láminas e doramolos. Retiramos a sartén do lume, deixamos enfríar e añadimos o pementón dulce e un chorriño pequeno de vinagre. Mezclamos todo o conxunto e deixamos repousar, para que os restos de pementón queden no fondo. Bacalao con coliflor E xa temos lista a nosa cea de Noiteboa, as verduras necesarias podemolas atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía, ben fresquiñas para esta noite tan especial.
O repolo chega a Praza da Verdura de Vilagarcía, fresco e con moito sabor, para que, con este frío, podamos facer pratos saludables e ter o corpo quentiño. Ademáis de ser unha verdura baixa en calorías, tamén é boa para o tránsito intestinal e ten beneficios diuréticos e depurativos… con todas estas ventaxas, ¿por qué non vamos a comer repolo? Ademáis é moi sinxelo de cociñar! Repolo con allo e pimentón Ingredientes: 1/2 repolo 4 patacas grandes 1 culler de pimentón dulce 3 allos medianos Elaboración: Lavamos a partimos o repolo, poñemolo nunha cacerola e cubrimola con auga, engadimos un chisco de sal e poñemos a ferver. Cando vexamos que está blando (esto sempre é a gusto de cada un), poñemolo a escurrir. Por outro lado, pelamos e lavamos as patacas, e poñemolas a cocer. Cando estén cocidas, poñemos a escurrir tamen. Podense cocer o repolo e as patacas a vez, pero hai que ter en conta que ó repolo levalle un pouco máis de tempo cocer que a pataca. Nunha tixola, poñemos un chorriño de aceite de oliva virxen e os allos laminados, cando vexamos o allo doradiño, retiramos e deixamos enfríar un pouco para poder engadir o pimentón e que este non se queime. Xa por último, colocamos as patacas e o repolo nunha bandexa de servir, e regámolo co preparado da tixola. Repolo con allo e pementon
Aproveitando que Praza da Vedura de Vilagarcía está a rebosar de verduras e hortalizas frescas, vamos a facer unha sopa, ideal como primeiro prato ou cea, para días de frío, moi sinxela e nutritiva. Sopa hortelana Ingredientes 2 cenoiras 4 puerros 3 patacas 100 gr. apio 250 gr. panceta magra 150 gr. pan duro 2 1/2 litros de auga 1 folla de laurel sal Elaboración: Limpamos as hortalizas e as patacas, pelamos e cortamos en rodaxas. Poñemolas nunha cacerola cubertas de auga, engadimos sal e panceta, e deixamos cocer 2 horas (máis ou menos), colamos o caldo para outra cacerola. Retiramos a panceta, que cortamos en dadiños e engadimola no caldo, xunto co pan cortado en rebanadas moi finas. Poñemos de novo ó lume, deixamos ferver 5 minutos e listo para comer. As cenoiras, puerros e o apio están de tempada, podedes encontrar estos ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía. Recorda que estes productos son da nosa terra con total garantía de frescura e sabor.
Descubre unha forma diferente de preparar acelgas ¿Queres que o teu fillo comence a comer verduras? Aproveita a temporada de acelgas e ánimate a preparar esta receita, seguro que o teu pequeno non se pode resistir a provala. Ingredientes: 1 atado de acelgas 200 gr. de queixo raiado (o que lle guste o teu pequeno) 1 lata de millo 2 ovos Elaboración: Empezamos por lavar as acelgas e trocealas ó gusto. Para cociñalas, basta con fervelas en auga durante 10 minutos. Unha vez cociñadas, escurrímoslle a agua e nunha bandexa apta para o forno mezclamos co ovo batido, o millo e o queixo. Metemos no forno durante 20 minutos, ou hasta que vexamos que o ovo esté feito e o queixo derretido. Sólo necesitas unha vistia a Praza da Verdura de Vilagarcía para comprar as acelgas e 15 minutos para facer a receita!
A Praza da Vedura vístese de Halloween para ofrecer as cabazas que tanto se demandan para esta noite. Pero a cabaza non só sirve para adornar esta noite, senon que tamen podemos facer receitas moi ricas con esta hortaliza. Hoxe propoñemos un biscoito para esta noite de medo. Biscoito de cabaza Ingredientes 250 gr. de cabaza 100 gr. amendoa moida 50 gr. fariña de repostería 1 culler de levadura de respostería 4 ovos medianos 1 culler de esencia de vainilla 1 culler de canela en polvo 1/2 culller de xenxibre en polvo 1/4 culler de noz moscada 1/2 limón raiado Elaboración Comenzamos preparando a cabaza, quitamos a pel e troceamos. Nunha bandexa para forno, colocamos os trozos, mollados con un pouco de auga, e poñemos no forno durante 20 minutos a 180º. Mentres se asa a cabaza, separamos as xemas das claras, batimos estas con unha pizca de sal ata conseguir o punto de neve. Reservamos. En un bol, batimos as xemas co azúcar, ata que blanqueen, engadimos a esencia de vainilla, o medio limón raiado, o coco, a cabaza que esmagada con un tenedor e a amendoa. Mezclamos ben. Engadiños a fariña e a levadura, seguimos removendo ata conseguir unha pasta homoxénea. Por último vamos incorporando as claras a punto de neve, moi despacio e sen parar de remover. Volcamos nun molde de biscoito, que untaremos con manteiga previamente. Co forno xa quente, introduciremos o molde e 180 grados, deixamolo durante 30 – 40 minutos. Unha vez frío, desmoldamos e decoramos a gusto. Biscoito de cabaza
Empeza o outono e faise notar nos postos da Praza da Verdura de Vilagarcía, ofrecendo castañas, producto otoñal por excelencia. Este fruto seco destaca por ter pouca grasa e ser moi rico en hidratos de carbono, proteínas e fibra, ademáis de ser antioxidantes. Pero… ¿crudas, cocidas ou asadas? A continuación deixamos un par de receitas; aproveitando a tempada de cogumelos faremos un salteado de cogumelos, zanahorias e castañas, para que coñezades unha forma de comer castaña asada e logo faremos un pudding de castañas para que, neste caso, coñezades unha receita de castaña cocida. Salteado de cogumelos, zanahorias e castañas Ingredientes: 300 gr. de cogumelos de temporada 1 chalota 2 zanahorias 12 castañas 1 chorriño de viño branco Allo Tomillo Pementa negra Sal Aceite de oliva Virxen Extra Saletado cogumelos e castañas Elaboración: O primeiro paso a seguir é lavar as castañas e darlle un corte nun lateral, cociñalas en unha sartén ou no forno durante 20 minutos, coidando de que non se pasen. Esperar que enfríen un pouco e pelalas. Limpiamos ben os cogumelos con un paño, e cortamos a base do pé, si fixese falta. Troceamolas si son moi grandes. Pelamos as zanahorias, cortamos os extremos e troceamos en rodaxas, non moi grosas. Picamos tamen a chalota moi fina. Quentamos un pouco de aceite nunha sartén e añadimos a chalota e as zanahorias, salpimentamos e salteamos a lume alto hasta que empezen a reblandecer. Engadimos os cogumelos, o allo, o tomillo e un chorriño de viño; esperamos dous minutos para engadir as castañas peladas, tapamos e dexiamos cociñar uns minutos, hasta que vexamos que os vexetais están no punto que queremos. Pudding de castañas Ingredientes: 1/2 kg. de castañas 750 ml. de leite enteira 4 ovos 60 gr. de manteiga 80 gr. de azúcar esencia de vainilla Elaboración: Primeiro cocemos as castañas en auga uns 10 minutos, para poder pelalas ben. Escurrimos, pelamos e troceamos. Colocamos unha cacerola con leite, manteiga, azúcar e unha culler de esencia de vainilla. Deixamos cocer a lo menos 1 hora a lume moi lento, removendo de vez en cando. Pasado o tempo, pasamos todo por a batidora hasta que nos quede unha fina crema. Engadimos as xemas dos ovos e mezclamos ben. Cando sea unha pasta homoxénea engadimos as claras o punto de neve y seguimos batendo para que non perda exponxosidade. Vertemos a mezcla nun molde para forno, previamente untado con un pouco de manteiga. Metemos ó forno durante 1 hora a 180 graos. Unha vez pasado o tempo, deixamos que se enfríe, demoldamos e listo para comer! Pudding de castañas Temos unha boa cea para un frío día de outono.
Na Praza da Verdura de Vilagarcía ademáis de ofrecer as mellores verduras e hortalizas aos nosos clientes, queremos ofrecerche ofertas e ideas para comer diferente con verduras. Por este motivo periódicamente podes ver receitas con verduras e hortalizas para que vexas que comer sano non é aburrido. Ingredientes: touciño afumado cortadiño en anacos pequenos patacas ovos brócoli queixo relado leite sal aceite de oliva Elaboración: Esta receita ben sendo como a dunha tortilla normal pero con algunhas diferenzas. O primeiro que deberemos facer é poñer unha tixola ao lume con aceite abundante. Mentres pelamos e picamos as patacas en anacos pequenos e cando esté o aceite quente introducimos as patacas. Por outra parte poñemos a cocer o brócoli ao vapor ou en auga, o único que debemos deixar que quede un pouco duro. Cando as patacas e o brócoli estén listos escurrímolos e reservámolos para despois. Neste momento retiramos o exceso de aceite na tixola e poñemos o touciño a dourar xunto co brócoli. Agora imos preparar o ovo. Nun bol grande introducimos os ovos que creemos necesarios engadimos un chorriño de leite e batemos. Unha vez está ben batido engadimos sal, queixo relado, as patacas, o brócoli e o touciño. Remexemos ben e introducimos na tixola a lume baixo para que vaia facéndose pouco a pouco. E o resto como unha tortilla normal cando vexamos que empeza a callar o ovo dámoslle a volta para que remate de facerse polo outro lado. Hortalizas e verduras frescas na Praza da Verdura de Vilagarcía Se non tes claro que facer de comer estes días anímovos a entrar na sección de receitas da nosa web PrazaVerdura.com
Con tanta festa de verán o noso corpo pide a gritos unha desintoxicación de grasas e azucres, esta é unha receita baixa en calorías que aportará ao teu corpo enerxía e axudará a limpar as toxinas, azucres e colesterol. Na Praza da Verdura podes atopar verduras, hortalizas, legumes e froita que che axuden a manterte saudable para afrontar o día a día. Ingredientes: aceite de oliva 1 pemento vermello 1/2 pemento verde calabaza calabacín 1 cebola grande 4 alcachofas tomillo seco sal pementa negra Elaboración: O primeiro que deberemos facer é poñer o forno a prequentar a uns 220º C. Despois empezamos a limpar as verduras e hortalizas. Comezamos preparar as alcachofas, para isto deberás limpalas cortándolle as puntas e quitándolle as follas máis duras do arredor deixando só o corazón da alcachofa. Deberás cocélas con un chorriño de limón durante uns 10 minutos. Mentres picamos os pementos en tiras e anacos finos, depois cortamos a carne de cabaza e o calabacín en cadrados pequenos que se poidan comer dun bocado. As cebolas cortámolas en tiras finiñas para que se fagan ben. A cabaza ten moi poucas calorías e moitas vitaminas para o noso corpo Unha vez está todo listo poñémolo nunha bandexa de forno con chorriño de aceite de oliva por baixo, e por riba, engadimos máis aceite, sal, tomillo e pementa negra. Listo para meter ao forno xa prequentado. Deberás deixar as verduras e hortalizas durante uns 20-25 minutos ata que se empezan a poñer doradas. Podemos ir abrindo o forno e remexendo se queredes que as de arriba non se tosten tanto. A este prato podedes engadirlle outras hortalizas como cenoira, tomate, patacas … o que prefirades. Simplemente deberedes ter en conta a dureza de cada verdura ou hortaliza que aportedes a maiores para que non queden unhas crúas e outras demasiado feitas. Como vedes un prato sinxelo feito con verduras, que vai perfectamente para unha cea ou unha comida lixeira. Aporta moi poucas calorías pero si vitaminas e minerais necesarios para o noso corpo. Porque alimentarse con verduras non ten que ser aburrido, achégate á Praza da Verdura e observa todas as posibilidades que tes. As labradoras e vendedoras da Praza de Abastos de Vilagarcía poden axudarche a elexir as verduras e hortalizas. Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa
Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar as hortalizas necesarias para elaborar esta receita. Consulta coas vendedoras para aprender máis receitas ou coñecer as propiedades de outras moitas verduras, hortalizas, legumes e froitas que cultivas e venden nos seus postos da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa. Ingredientes: 500 gr cenoiras tenras 2 dentes de allo grandes 1 cullerada de manteiga jengibre fresco 1 cullerada de cilantro corteza de medio limón relada zume de limón unha pizca de sal Elaboración: O primeiro que debemos facer é limpar as cenoiras e lavalas ben. Despois poñémolas a cocer ao vapor durante 10 minutos ata que queden tenras. Mentras se fan as cenoiras picamos o allo en anacos moi pequenos. A continuación quentamos a mantequilla nunha tixola que non se pegue e engadimos o allo e o jengibre. Dámoslle unhas voltiñas e retiramos do lume, este é o momento en que engadimos a corteza relada do limón, o sal, o cilanto e o zume de limón. As cenoiras xa teñen que estar listas así que estirámolas nun prato e botamos por riba o aliño que preparamos na tixola. Este prato podédelo utilizar como primer prato ou como acompañamento dunha carne ou un peixe. Ten moi poucas calorías pero está cheo de vitaminas xa que a cenoira contén vitamina A, C e E e ademáis e antioxidante. Utilizar allo nos teus pratos tamén che vai a axudar xa que é un antiséptico natural que axuda a reducir o nivel de colesterol e a diabetes. Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores
Falando a semana pasada dos beneficios e vantaxes de temar periódicamente remolacha hoxe deixovos unha receita con esta hortaliza. Non quero que pensedes que só se pode comer en ensalada ou en zume, existen moitas formas diferentes de tomar verduras e hortalizas. Ingredientes: 2 bol de remolachas relada 2 bol de cenoira relada 1 cebola relada 1 ovo sal pementa 1 cullerada de aceite 1 taza de fariña para cociñar Elaboración: Esta receita é moi simple e rápida de facer. Debemos mesturar o ovo batido xunto co sal, a pementa e a fariña. Unha vez ben ligado todo procedemos a engadir a cebola, coa cenoira e a remolacha relada e voltar a remexer todo xunto. A cenoira e a remolacha podes mercalas durante todo o ano na Praza da Verdura Despois poñemos unha tixola ao lume co aceite e cando esté ben quente introducimos a mezcla anterior de hortalizas en pequenas porcións para facer unha especie de tortitas. Fritimos por ambos lados ata que estén ben feitas e xa están listas para comer. Podes acompañalas con iogur natural ou grego, queixo ou algunha salsa un pouco agria. Como veredes estas tortitas son perfectas para o almorzo, merenda ou mesmo de sobremesa. Porque comer verduras non ten por qué ser aburrido e insípido. Na Praza da Verdura poderás mercar as hortalizas que precisas na Praza da Verdura de Vilagarcía, productos frescos cultivados polas mesmas vendedoras da asociación de productos hortícolas.
Esta hortaliza pode tomarse como prato principal ou como acompañamento de carnes e peixes. Recorda que as alcachofas teñen un efecto diurético que axudan a eliminar líquidos e toxinas á vez que reducen o colesterol. Ingredientes: 2 alcachofas 1 taza de aceite 4 dentes de allo picado moi fino 1-2 limóns sal pementa negra, a poder ser recén moida Elaboración: Como este prato e tan sinxelo e rápido de preparar deberemos o primeiro poñer o forno a prequentar a 180 º C. Despois poñemos unha ola con auga a ferver e exprimimos o zume de medio limón dentro. Agora imos preparar as alcachofas. Para isto deberemos quitar as follas máis duras do arredor, despois cortar as puntas con un coitelo ben afiado e o tallo totalmente. Despois cortamolas en vertical ao medio. De seguido metémolas na auga a ferver que tiñamos preparada. Se vedes que tarda moito en ferver aconséllovos que para que non se oxiden as alcachofas cortadas e limpas as metades nun bol con auga fría e un pouco de limón exprimido. Na Praza da Verdura poderás atopar esta e outras hortalizas, verduras, legumes e froitas frescas Unha vez as alcachofas están na auga a ferver deberemos esperar uns 15 minutos. Mentres podemos preparar o adobo que se comporá da mestura do aceite co sal, o limón, o allo picado e a pementa negra moída. Cando se terminen de cocer as alcachofas escurrímolas e pomolas estiradas nun recipiente apto para o forno. Adobamolas co aliño que preparamos e metemos ao forno que xa ten que estar quente. Reservamos parte do aliño porque deberemos darlles a volta e voltar a aliñar. O tempo das alcachofas dentro do forno debe ser uns 5-10 minutos dependendo do tamaño e o calor do forno. Cando vexades que as puntas se queren empezar a secar e queimar será o momento de sacalo. Se vos quedou algo de adobo podedes botarllo por riba antes de servir. Xa vedes que é moi sinxelo, limpo e fácil de facer así que anímovos a que vos acheguedes á Praza e experimentedes tanto o sabor como o benestar que a alcachofa aporta ao voso corpo. Despois de probalo seguro que máis de un e unha, terá este prato como referencia nas súas próximas comidas.
Unha receita sinxela e rápida de facer que podes preparar en calquer momento. Ven ata a Praza da Verdura e merca as verduras e hortalizas que precises para facer esta receita a base de acelgas. Ingredientes: 1 manoxo de acelgas 1 cebola 2 tomates sen pel 4 ovos 1 cucharada de aceite de oliva allo viño branco sal pementa negra xamón curado ou panceta curada Elaboración: Antes de nada deberemos lavar as acelgas e cortar o tallo, xa que sólo vamos a utilizar as follas. Mentres limpamos as follas poñemos unha ola con auga a quentar. Cando estén limpas as acelgas e a auga ferva metémolas durante uns 8 minutos para que abranden e despois quitámolas e cortamos a cocción con auga fría. Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días De seguido cortamos a cebola en cadradiños pequenos e poñemola na tixola xunto co allo picado, sal, pementa negra moída e un chorriño de aceite de oliva. Remexemos para que non se queime e cando vexamos que a cebola empeza a abrandar engadimos o xamón curado fino (en cadrados ou en lascas). Damos unhas voltas máis e xa podemos engadir o tomate sen pel esmagado mais unha copa de viño branco. Baixamos a intensidade do lume e tapamos para que se integren ben todos os sabores. Este é o momento de preparar os ovos, podemos facelos escalfados simplemente rompendo un ovo en auga a piques de ferver ou senon facelos ovos adobados. Para facer os ovos adobados precisamos dun papel film para cociñar. Debemos poñelo nun vaso ou nunha taza ben estirado, rompemos dentro o ovo e aliñámolo con sal e pementa ao gusto,e se queremos algunha herva aromática. Despois pechámolos ben para que non se abra o contigo e poñemos nunha ola con auga a ferver durante 4 minutos. Durante o tempo de preparar os ovos xa teremos listo o xamón coa cebola así que engadimos as acelgas enriba e damos unhas voltiñas máis, para que se impregnen. Para presentar poñemos nun prato a mezcla da tixola e un ovo adobado enriba. Xa vedes, un prato moi sinxelo feito con verduras e hortalizas que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.
As espinacas teñen un alto contido de Vitamina A que nos axuda a levar mellor os estragos que fan o calor, os raios UV, a auga do mar … na nosa pel, ollos, cabelo … Ingredientes: 1 kilo e medio de espinacas limpas 1/2 kilo de carne fresca picada moi fina 1 cebola mediana Queixo parmesano relado Manteiga ou aceite de oliva Sal Pementa moida Elaboración: O primeiro que debemos facer é por a ferver unha ola grande con auga e sal. Cando a auga ferva introducimos as espinacas limpas e deixamos que fervan uns 3-4 minutos. Despois deberemolas escurrir ben. Mentres pelamos e picamos as cebolas en tiras finiñas que poremos nunha tixola baixa e a poder ser ampla para que se faga uniformemente. A esta tixola engadimos un pouco de aceite ou manteiga para dorar a cebola. As espinacas frescas axudan a darnos mais enerxia no día a día Cando esté branda e case dorada engadimos as espicanas mais o queixo parmesano e salpimentamos. Remexemos e baixamos a intensidade do lume para que se faga pouco a pouco durante uns 4 minutos. Xa podemos ir prequentando o forno a uns 220º C. Noutra tixola engadimos outro pouco de aceite ou manteiga e botamos a carne picada e outro pouco de queixo por riba. Damos volta seguido para que non se nos queime nen toste a carne. Cando vexamos que xa está case lista pasamos a carne mesturada coas espinacas a un recipiente apto para o forno e voltamos a espallar o queixo relado que nos queda e a manteiga cortada en cadradiños pequenos. Introducimos ao forno 10-15 minutos (dependendo de cada forno) a os 220º C que o tiñamos prequentado. Este prato recoméndase comelo quente para notar todos os sabores xunto co queixo derretido na boca.
Hoxe biscoito de froita feito con mazá con iogur unha receita sinxela e fresca para tomar en calquer sobremesa ou merenda. Ingredientes: 2-3 mazás 1 iogur natural ou de limón 1 medida do vaso de iogur aceite de oliva 1,5 medida do vaso de iogur de azucre 3 medidas do vaso de iogur de fariña 3 ovos 1 sobre de levadura mel canela en pó Froita de temporada na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa Elaboración: Comezamos por mesturar o iogur co aceite, o azucre, a canela e a mel. Despois batemos os ovos e engadimos tamén na mestura anterior. Recomendamos utilizar unha batidora para asegurar que a mestura sexa uniforme. No mesmo bol imos engadindo a levadura e a fariña tamizada. Agora é o momento de pelar e cortar as mazás en anacos como se fosen as patacas para facer unha tortilla. Se queremos adornar o biscoito podemos reservar algúns trozos. Voltamos a bater e triturar todo ben para que non queden tropezóns no medio do biscoito. Preparamos o molde que imos levar ao forno para facer o biscoito. Debemos engrasalo molde ben con mantequilla e despois espolvorearlle fariña. Unha vez teñamos listo o molde vertemos a masa que temos feita no interior. Agora sería o momento de decorar o biscoito se queremos poñendo lascas de mazá ou espolvoreando azucre por riba. Introducimos o molde no forno uns 35-40 minutos a 180 ºC, o forno debe estar prequente antes de meter o molde. Para comprobar se está feito podemos pinchar con un pauciño e cando saia seco e que o biscoito está listo. Un truco se vedes que se empeza como a queimar pero por dentro inda non está, podedes cubrir o molde con papel de aluminio axudando a que se faga antes. Esperámosvos os martes e sábados na Praza da Verdura.
Coas hortalizas tamén se poden facer postres e o que non o crea que vexa é probe este biscoito de cenoira que está para chupar os dedos. Unha boa forma de que os pequenos da casa coman verduras sen darse conta. Ingredientes: 250 gr de Cenoiras 200 gr de Fariña 200 gr de Azucre 4 ovos 125 ml de aceite de oliva 1 sobre de levadura en polvo 1 cullerada de canela moida 1 pouco de sal Elaboración O primeiro é coller un bol grande e mesturar os ovos xunto co azucre ata que éste se desfaga. Cando estén ben ligados engadimos o aceite e a cenoira que previamente teremos limpa e relada ben finiña e voltamos a remexer. Agora é o momento de introducir a fariña para o biscoito. A fariña ponse tamizada xunto cunha pizca de sal, a canela e a levadura en polvo. Ligamos todo ben con a batidora e deixamos repousar mentres preparamos o molde mais o forno. Poñemos o forno a prequentar a 180º C durante o tempo que tarde o forno en quentar imos a preparar o molde. Para isto debemos por papel vexetal para cociñar no fondo do mesmo e untar o papel mais os laterais do molde con manteiga e fariña para que resulte máis doado desmoldar. Cando esté listo engadimos a masa do biscoito de cenoira e se o forno está quente metemos no medio do forno para que lle dé o calor por todos os lados e se faga de forma uniforme. O tempo de espera deberá rondar os 30 minutos pero mellor que esteades atentos e a partir dos 20 minutos para que non se vos queime. O método para saber se está listo ou non é o mesmo que para todos os biscoitos, introducir un pauciño e se sae seco está listo. Como vedes coas cenoiras tamén se poden facer sobremesas moi ricas, así que vos animo a que probedes. As cenoiras son unha hortaliza que podedes atopar durante calquer época do ano na Praza da Verdura de Vilagarcía. Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores
¿A cantos non lles gusta a mermelada de fresa? Creo que a todos nos gusta ou nos apasiona. Hoxe invítovos a que a fagades vos mesmos na casa e así que poidades saborear o rico das mermeladas caseiras. A receita é moi fácil de preparar só hai que ter paciencia. Ingredientes: 1 kgs de fresas 1 taza e media de azucre O zume de 1 limón 1 taza de auga Elaboración: O primeiro é lavar ben o ingrediente principal que é a fresa. Despois de lavalo e quitarlle os peliños e as follas vamos a trocealo en trozos máis ou menos iguais de tamaño pequeno. Poñemos estes anacos de froita na ola en que vaiamos preparar a mermelada e engadimos por riba o azucre xunto co zumo do limón. Deixamos macerar entre 1,5 e 2 horas. Neste tempo a fresa sacara o seu zume e poderemos ver como se forma unha especie de melaza xunto co azucre e o limón. Pasado ese tempo collemos a ola engadimoslle a auga e poñémola a lume medio para que se vaian facendo pouco a pouco. Se ves que a froita ferve moito a ola recomendamosche que lle baixes o lume para evitar que se queime. Como xa dixemos a receita é moi sinxela pero precisamos de paciencia, así que deberemos remexer lentamente durante uns 45 minutos para conseguir que a fresa se desfaga, non se pegue e quede unha textura de mermelada. As mermeladas son moi sinxelas de facer e podes disfrutar delas durante todo o ano Se vedes que xa levades moito tempo e inda non espesou podedes facer 2 cousas: Se inda quedan trozos grandes pasar un pouco a batidora Utilizar agar agar, é un espesante natural utilizado en moitos casos coma xelatina. Cando esté lista só terás que esterilizar uns botes e podes metela mermelada dentro. Cando feches os envases dalles a volta e non os voltes ata pasadas 24 horas, así asegurámonos que se fai o vacio de forma correcta. Para que dure mais tempo deberemos deixar a mermelada nun lugar onde non lle dé a luz do sol e intentar movela o menos posible. Pódense facer mermelada de moitas hortalizas e verduras: mermelada de cenoira, mermelada de pemento, mermelada de tomate, mermelada de mazá …, así que nada de tirar coa comida. Na Praza da Verdura poderás escoller de que hortaliza ou froita queres facer hoxe a túa mermelada.
A tortilla é un básico da cociña española sobre todo pola diversidade de ingredientes que podemos utilizar na súa elaboración. Hoxe deixámosvos unha tortilla na que predominan as verduras e hortalizas que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía. Ingredientes: 9 ovos 5 patacas medianas 100 gramos de xamón serrano 100 gramos entre pemento vermello e verde 200 gramos de chícharos 1 cebola setas ou cogumelos (según gustos) aceite de oliva sal Elaboración: Como en toda tortilla comezamos por pelar as patacas e cortalas en anacos pequenos. Poñemos unha tixola ao lume con aceite de oliva e cando esté quente engadimos as patacas. Mentres imos picando o pemento vermello e o verde en anacos pequenos según vos guste atoparlos ou non no medio da tortilla ao morder. A min gústame que lle dé o color e o sabor pero non morder un anaco e que todo sexa pemento. Neste momento xa deben estar as patacas a punto de porse doradas así que engadimos os pementos e deixamos que se fagan a lume lento. Picamos a cebola menudiña e o xamón serrano; tamén cortamos en láminas as setas ou cogumelos. Esto todo vámolo preparar noutra tixola na que tamén engadimos aceite. Poñemos a cebola e cando esté case transparente engadimoslle o xamón e as setas ou cogumelos. Non deixamos de remexer para que se fagan de forma uniforme. Cando case está engadimos os chícharos para que collan o sabor do xamón e a cebola pochada. Agora é o momento de batir os ovos, aconséllovos coller un recipiente grande como por exemplo un bol de eses de ensalada. Xuntamos os ovos con as verduras e hortalizas ben escurridas para que non nos quede a tortilla aceitosa. Esta mestura poñémola nunha tixola con un pouco de aceite para xa terminar de facela tortilla. A tixola debe estar ben quente e segundo vemos que está cuajando dámoslle a volta. Agora xa é cuestión do consumidor haberá quen lle guste máis cruda ou máis pasada. Vinde á Praza da Verdura e merca as verduras, hortalizas e legumes que precises para facer a túa Tortilla Paisana con Verduras da Praza.
Esta é unha receita fresquiña para o verano que podemos levar á praia ou comer de sobremesa, nas comidas familiares que de seguro coas festas temos unhas cuantas este verán. Ingredientes Masa de hojaldre pemento vermello pemento verde cebola berenxena tomate maduriño aceite de oliva conservas de atún natural conservas de sardiñas en aceite de oliva sal Elaboración O primeiro que deberemos facer será por o forno a prequentar a uns 180º C. Despois comezamos a trocear os pementos, a cebola e a berenxena en tiras non moi gordas. Salteamos estas verduras xunto co chorriño de aceite de oliva e salpimentamos. Uns intres antes de que vaia a estar engadimos o tomate ben troceado e remexemos. Agora é o momento de estirar ben a masa de hojaldre sobre a bandexa de forno e empezar a poñer as verduras que acabamos de saltear. Metemos no forno a bandexa durante uns 15 minutos a 180º C. Se vedes que a masa está dorada e inda non chegamos aos 15 minutos podedes sacala do forno. Neste momento é cando colocamos as sardiñas e o atún en lata por riba das verduras de xeito salteado e metemos ao forno 5 minutos máis. Listo xa tendes a vosa torta de verduras e conservas lista. Un prato sinxelo é rápido de facer que se pode consumir frío ou quente, xa non tes excusa para non comer verduras se vas á praia. Ven a coñecer as labradoras da Praza da Verdura de Vilagarcía os martes e sábados.
A froita pódese comer fresca ou tamén elaborar moitas receitas diferentes: mermeladas, zumes, batidos, pasteis … Nesta ocasión poderedes saber como se fan as cirolas con viño. Non esquezas mercar a tua froita na Praza da Verdura os martes e sábados. Ingredientes: 1 kg de cirolas grandes (se pode ser da variedade santa rosa que son moradas por fora e por dentro teñen a carne amarela) 8 culleradas de sirope 1 laranxa en xume 1 vasiño de viño doce (por exemplo de xerez) canela en pó Elaboración: Lava ben as cirolas e abreas pola metade de arriba a abaixo para quítarlles o óso. Ponnas nunha fonte que poidas levar o forno e que manteña o calor. A posición deberá ser coa pel para baixo e a carne para arriba. As cirolas regulan o noso sistema dixestivo, merca na Praza da Verdura Ponlles unha cullerada de sirope no buraco deixado polo óso da froita. Despois só terás que botar por riba o viño doce con coidado de mollar todas as cirolas. De seguido pon un pouco de canela en pó por riba delas, e xa está listo para meter ao forno. Meteo no forno, xa prequente, uns 20 minutos a 180ºC. Engade o zume de laranxa e volta a meter no forno ata que a carne esté branda (deberían ser uns 15-20 min. máis. Os tempos dos fornos xa sabedes que son orientativos porque non é o mesmo un forno de leña que un eléctrico e inda entre eles hai diferenzas de tempos. Este prato podes comelo así ou acompañalo cunha crema un pouco agria como de limón, lima … ou mesmo acompañalo cunha bola de xeado. Xa vedes unha receita con froita sencilla que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía.
O pepino é unha das hortalizas que case toda a sua composición é auga. Polo que en momentos de moito calor para hidratarse é moito máis saudable que tomar zumes envasados ou auga. Esta receita é moi sinxela de preparar e poden incluso axudarche os pequenos da casa. Ingredientes: – 2 pepinos grandes – cebollino ou cebola verde un manoxo – 1/2 cucharada de sal – 1 eneldo – 1 ou 2 vasos de iogur Elaboración: O primeiro que debemos facer é pelar os pepinos e cortalos quitándolles as sementes para non atopalas no medio da sopa. Despois engadimos estes pepinos limpos, xunto co cebollino, o sal e o iogur nunha licuadora batimos ben ata facer unha crema. Metemos esta mezcla na neveira durante a lo menos 1 hora para enfriala. Agora que xa está lista podemos consumila cando queiramos engadíndolle o eneldo por riba para darlle un sabor diferente. Tamén podes por trozos pequenos de pepino polo medio a modo de tropezóns. O sabor do pepino mesturado co iogur é riquísimo seguro que inda que os nenos non lles gusten as verduras esta crema vailles gustar. Senón tamén podes probar a conxelar a mezcla en recipientes para xeados e darlles un xeado natural para refrescar feito con hortalizas. Na Praza da Verdura podes atopar pepinos e outras moitas verduras, hortalizas, froitas e legumes. Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche
Para que non poñades excusas de que non tedes tempo para comer sen recurrir á comida lixo, hoxe tendes un prato moi rápido de facer. Este prato leva hortalizas frescas que podes atopar sempre na Praza da Verdura de Vilagarcía. Vente xa por os ingredientes e comeza a comer saudable con pouca elaboración. Ingredientes: -1 berenxena -2 tomates -1 cebola -2 culleradas de aceite de oliva -aceituras verdes ou negras como prefirades -1 dente de allo -1 cullerada de hervas para condimentar – sal e pementa Elaboración: A preparación deste prato é moi sinxela. Comezamos por limpar a cebola e cortala en tiras mais ben finas. A continuación pelamos o dente de allo e cortamolo pequeniño. Tamén temos de lavar e cortar en rodelas finas as berenxenas e os tomates. A berenxena é unha hortaliza axuda a reducir o nivel de colesterol Agora poñemos o forno a prequentar a 220º mentras preparamos as verduras e hortalizas. Collemos un recipiente apto para forno e poñemos no fondo un pouco de aceite de oliva. Despois vamos poñendo en fila cebola picada, rodela de berenxena e rodela de tomate. Así vamos alternando ata acabar con as hortalizas. Nun cuenco poñemos o resto do aceite xunto co sal, a pementa, o allo picado e as hervas para condimentar (estilo provenzal: romero, tomillo …) e as aceitunas. mesturamos todo e engadimos por riba as filas de hortalizas. Listo xa podemos meter ao forno durante uns 30-40 minutos (segundo o tipo de forno) a 200º Se queredes podedes acompañar con un pouco de pasta cocida, patacas ou mesmo arroz. O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas Como podedes ver é un prato moi sinxelo no que non manchamos case nada na cociña e que podemos deixar preparando no forno mentres facemos outras cousas. Comer saudable é preciso para aguantar no noso día a día. Os componentes da Asociación de Vendedores da Praza da Verdura de Vilagarcía esperamoste para asesorarche e ofrecerche os mellores productos hortícolas sementados e colleitados por nós.
Os chícharos como xa sabedes son moi beneficiosos para o noso sistema circulatoria á vez que case non contén calorías, polo que nos axuda a manter o noso peso, agora que chega o verán e estamos tan preocupados polo noso aspecto. Aquí vos deixo unha receita moi sabrosa e sinxela con productos da Praza da Verdura. Ingredientes: 1 manoxo de espinacas 300 gramos de chícharos 100 gramos de panceta ou bacon 1 cebola 2 dentes de allo 1 pemento morrón pequeno 1 vaso de leite 2 culleradas sopeiras de fariña 1 pizca de sal Chorriño de aceite Elaboración: O primeiro que deberemos facer é cocer os chícharos nunha ola con auga e sal durante 15 minutos. Tamén limpamos as espinacas e cocémolas ao vapor durante 15 minutos con auga e un pouco de sal. Mentres os chícharos e as espinacas están a cocer vamos a preparar o resto de ingredientes. Picamos a cebola e os allos pequeniños, tamén picamos o bacon. Podes atopar espinacas frescas durante todo o ano na Praza da Verdura de Vilagarcía Collemos unha tixola cun pouco aceite, cando esté quente engadimos a cebola e o allo picado e imos movendo para que non se nos queime. Cando a cebola colla un colorciño dourado engadimos os chícharos xa cocidos e continuamos a remexer uns 5 minutos máis. Collemos unha ola e botamos un pouco de aceite mentras quenta cortamos o pemento en tiras para engadilo dentro da ola. Cando estén fritas engadimos fariña, sal e a leite aos poucos para ir mesturando ben. Non debemos deixar de remexer para que non se nos pegue ata que esté ben ligada. Agora vamos a montar para meter ao forno. Collemos un recipiente apto para forno e poñemos no fondo as follas das espinacas no fondo. Despois engadimos unha capa de chícharos co bacon e cubrimos todo con a bechamel que fixemos. Metemos ao forno prequentado a 200º C durante 3 minutos e xa está listo para comer.
Este é un prato pouco habitual pola nosa zona pero si que é moi común consumilo polo norte de España: Aragón, Cataluña, Navarra … Como xa dixemos a cebola é unha hortaliza con infinidade de propiedades para a nosa saúde: antiséptico, anti inflamatoria e anti coagulante. Ingredientes: 4 cebolas grandes 250 gramos de carne picada 1 allo aceite 2 uds de tomate maduro salsa de tomate (a poder ser caseiro) Sal e Pementa Elaboración: O primeiro que deberemos facer será limpar as cebolas e vacialas con moito coidado de non rompelas. Inda que se rompesen non pasa nada xa que podemos atalas con cordel para cociña. Cebolas baleiras para encher da Praza da Verdura Neste momento encendemos o forno e poñémolo a prequentar a 180º C. A cebola que retiramos do interior picámola moi finiña e pasámola pola tixola cun chorriño de aceite, sal e pementa. Cando a cebola comeza a pochar engadimos a carne picada e o allo picado moi finiño. Cando a carne empece a coller color engadimos os tomates maduros xa picados e seguimos a remexer. Mentras se termina de facer a carne colocamos as cebolas nunha bandexa de forno con manteiga ou aceite para que non se peguen as cebolas. Agora xa debemos ter o recheo feito así que procedemos a introducilo con coidado dentro das cebolas e por riba poñemos 2 culleradas de salsa de tomate. Metemos ao forno durante 20 minutos a 180º C e listas. Mestura de carne e cebola na tixola para encher as cebolas frescas Como podestes observar este é un prato moi sinxelo que pode servir tanto de entrante como de comida principal acompañado dunha ensalada, patacas ou pasta. Tamén podes facer variantes do prato engadindo champiñóns no medio da carne picada ou poñendo queixo relado por riba das cebolas antes de meter no forno. A imaxinación é a mellor compañía á hora de facer receitas con verduras e hortalizas cun sabor inconfundible. Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes atopar todos os martes e sábados os mellores productos hortícolas: verduras, hortalizas, legumes e froitas.
Na Praza da Verdura queremos ofrecerche alternativas para que comer verduras e hortalizas non se faga aburrido. ¿Apetécevos comer calabacín de poste ou almorzo? Ingredientes: 1 calabacín 1 ovo 1/2 cebola 200 gramos de queixo relado 200 gramos de pan relado sal pementa Elaboración: Esta é unha receita para facer no forno polo que temos de poñelo a pre quentar a uns 180-200º, cada forno é un mundo polo que despois para a cocción deberedes estar atentos para que non se vos queimen. Agora empezamos a preparar os ingredientes para as madalenas vexetais. Relamos o calabacín a un tamaño medio, se vemos que ten moita auga podemos por un pano limpo enriba e apretar coas mans para secar o exceso de humidade. Así evitaremos que as madalenas queden con unha textura húmida. O consumo de calabacín aporta calcio, potasio, fósforo e poucas calorías ás tuas comidas A continuación cortamos a cebola en anacos pequeniños tense que notar pero tampouco ser un estorbo á hora de comer a madalena. Pois o máis difícil xa está agora só resta mesturar todos os ingredientes. Pomos nun bol ou recipiente grande o calabacín relado, a cebola en anacos, o queixo e pan relado. Damos unhas voltiñas para que todo se mesture e engadimos o ovo batido, a sal e pementa. Voltamos a remover e xá está listo para por nos moldes das madalenas. Aconsellamos sempre mollar un pouco con manteiga ou aceite os moldes para facilitar o desmolde unha vez fríos. O tempo que precisan dentro do forno será entorno uns 15-20 minutos dependendo do forno. Para comprobar se xa están podes facer como é habitual, pinchando con un pauciño ou o garfo e se sae seco e que xa está listo. Coidado ao desmoldar para non estragar a presentación, se ves que está difícil pasa a punta dun coitelo ou untador ao redor do molde. Se non sodes de sobremesas ou almorzos con madalenas, existen moitas outras receitas para facer con calabacín. Vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía, comer verduras pode ser divertido e orixinal como podedes ver con estas madalenas.
Este é un prato completo e moi rápido de facer que nos aportará enerxía e forza para afrontar o día a día. Poderás atopar todos os ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía. Ingredientes: 1 cenoira un puñado de xudias un puñado de fabóns 1/2 coliflor 2 alcachofas un puñado de chícharos unhas poucas coles de bruselas aceite de oliva sal 1/2 cebola 2 ovos cocidos taquiños de xamón Elaboración: Este é un prato moi sinxelo e rápido de facer. O primeiro é preparar as verduras e hortalizas. Os fabóns son unha legume de primaveira que podes atopar na Praza da Verdura Cortamos as cenoiras en tacos pequeniños, limpamos os fabóns e as xudías, a coliflor cortámola en ramilletes pequenos que case quepan na boca e limpamos tamén os chícharos. A alcachofa preparámola quitándolle as follas do exterior mais duras e despois cortamos o que queda en cuartos. As coles de bruselas se son moi grandes tamén as podemos cortar, se non van enteiras. Unha vez que temos listo todo isto poñemos unha ola grande con agua ao lume e engadimos un chorriño de aceite e un pouco de sal. Cando comece a ferver engadimos todas as verduras á vez e deixamos cocer durante uns 20 minutos aproximadamente. Como cada cociña é un mundo case vos aconsello que cando vaian 15 minutos comprobedes o estado de cocción das hortalizas e legumes. Se queredes podedes poñer a cocer os ovos no medio das verduras e así aforramos ter que manchar outra ola. A alcachofa é unha verdura que axuda a reducir o colesterol e a tensión alta Mentres esperamos a que cozan as verduras cortamos a cebola en anacos pequenos e a pochamos nunha tixola ata que esté brandilla que será o momento de engadir o xamón en tacos. Removemos un pouco esta mezcla para que colla sabor e se dore un pouco e reservamos. Cando as verduras estén listas escurrímoslle a auga e pelamos os ovos que tiñamos a cocer no medio. Poñemos as verduras nunha ensaladeira ou nunha fuente e engadimos por riba o sofrito de xamón, os ovos cocidos cortados e un chorriño de aceite. Como podedes comprobar un prato que se fai en apenas 30-40 minutos, moi sinxelo e con verduras, porque comer con verduras non ten por que ser aburrido. Merca productos frescos de confianza na Praza de Verdura de Vilagarcía de Arousa. Productos sementados nas nosas terras, traballados e recollidos polas vendedoras da Asociación de Productos Hortícolas de Vilagarcía.
A pesar de ser un prato parecido a un guiso as verduras e hortalizas que levan na súa composición son pouco calóricas. Este verán poderás disfrutar da praia sen preocuparte por eses quiliños de máis. Ingredientes: Tenreira tenra para guisar, con pouquiña grasa 1 pemento verde 1 cebola 1 dente de allo 2 cenoiras 1 puñadiño de chícharos 1 Tomate 1 pataca 1/2 vaso de viño branco Caldo de carne, se pode ser caseiro mellor un chorriño de aceite de oliva Un poquiño de tomillo Sal Pementa Elaboración: Comezamos por picar a cebola o allo e o pemento en trozos o mais pequenos posibles e a tenreira en tacos dun tamaño que quepan na boca sen ter que utilizar o coitelo. Estes anacos de tenreira se sellas con un chorriño de aceite moi quente. Cando a carne esté ben sellada engádese todo o que troceamos no primeiro paso: pemento, allo e cebola. Salpementa e remove a lume lento ata que a cebola esté tenra, case transparente. O tomate axuda a regular os niveis de azucre e colesterol no sangue Cando vexamos que a cebola está lista engadimos o viño branco. Mentres esperamos que a mestura ferva aproveitamos para pelar o tomate e trocealo finiño. Se é de eses tomates con moita pepita recomendovos que o eliminedes para non atopalos no medio do guiso. Cando o viño empeza a ferver esperamos uns 2-3 minutos para que se evapore un pouco, cando pasou este tempo engadimos o tomate troceado e un pouquiño de sal. Non te olvides de remexer cada pouco para evitar que se peguen as verduras ao fondo. Dende que introduces o tomate na ola esperas 5 minutos antes de engadir o tomillo e o caldo de carne (eu costumo gardar o caldo de outros pratos, pero se non tes podes facelo cunha pastilliña e auga). Esperamos a que volte a ferver e engadimos as cenoiras cortadas a rodelas finiñas. Deixamos durante 20 minutos que se cozan. Neste intre é o momento de pelar as patacas. Cortámolas a trozos dun tamaño parecido ao da carne, vamos que se poida meter na boca sen precisar dun coitelo. Introducimos e deixamos cocer a lume lento uns 25 minutos. Dependendo do tipo de pataca pode desfacerse un pouco, se queredes que esto non ocorra podedes sofreilas un pouco antes. Merca na Praza da Verdura as verduras que precisas, consegue un sabor único e natural con productos da nosa terra Cando está a pataca case cocida engadimos os chícharos e subimos o calor do lume para que reduza un pouco o líquido do guiso. Deixamos así uns 5 minutos aproximadamente. E xa está listo un guiso baixo en calorias, moi rico e con verduras frescas que podes facer calquer día do ano. Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía e consegue os mellores ingredientes cultivados nas hortas das nosas vendedoras da praza.
Manterse hidratado e fresco son as principais recomendacións para non sofrir un golpe de calor durante os días de máis calor. Un dos pratos máis indicados para repoñer forza e refrescarnos é o «Salmorejo«, este prato é típico do sur de España onde acostuman a sofrir grandes olas de calor durante a primaveira e verán. ¿Por qué non se soe tomar en Galicia? Pois esta é unha pregunta a que non podemos responder e que non entendemos. En Galicia podemos presumir de ter unha ampla variedade de hortas con verduras e hortalizas frescas. ¡¡Vamos a aproveitar a aprender a facer Salmorejo con productos da nosa horta!! Ingredientes: 1 kg de tomates frescos maduros 200 gramos pan do día anterior (mellor se é un pan migoso e case sen corteza ) 1 dente de allo Aceite de oliva Sal 1 ovo Relado de xamón ou taquiños (esto é opcional, pero dá un sabor moi bó) Elaboración: O primeiro é lavar os tomates e troceamolos, se teñen a pel moi dura ou teñen moitas pepitas podedes quitarllas para non atopalas despois. Pero tampouco é algo que lle cambie o sabor a receita. Estes trozos de tomates pasamolos pola batidora ou picadora ata ter a textura dun puré. Picamos o tomate en anacos pequenos para que sexa máis fácil de picar Engadimos a este puré o pan duro e deixamolo uns 10 minutos para que se empape e mezcle co tomate. Durante este proceso podemos por a cocer o ovo. Pasado ese tempo voltamos a picar coa batedora ata que non se noten os trozos de pan. Cando o pan está ligado co tomate engadimos o allo picado e un chorriño de aceite de oliva (1/2 vaso aproximadamente), voltamos a bater para que todo me mesture ben. Engadimos un pouco de sal e remexemos, recordade que vai levar xamón polo medio así que non vos pasedes co sal. Para terminar cando pomos o salmorejo no prato engadídelle o xamón e o ovo cocido ben picadiño. Se vos gustan as aceitunas tamén vos suxiro que probedes a picar aceitunas sen óso e introducilas no medio. Como podedes ver é un prato sinxelo que non precisa de lume (mais que para cocer o ovo) que podes facer cos nenos. Pódese conservar na neveira durante 3-4 días sen que perda o seu sabor. Inda que como é tan sinxelo vos recomendo que fagades pequenas cantidades e o consumades sempre fresco. Xa tedes unha utilidade para eses tomates moi maduros que tedes na vosa despensa e que no inverno utilizades para facer guisos ou salsa. Veredes como se vai a converter nun prato típico neses días de calor. Refréscate e protexe o teu sistema inmunolóxico con tomates frescos Vinde á Praza da Verdura e mercade os ingredientes que precisedes. As mulleres da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura esperámosvos con verduras, hortalizas, legumes e froita fresca recén recollida por nós.
Chega o bo tempo e con él mudan os nosos hábitos alimenticios, pasamos de comer sopas e guisos quentes e optamos por pratos fresquiños. Hoxe traiovos unha crema de pementos para tomar fría, unha receita que poderás utilizar como entrante ou como acompañamento de carnes. Podes deixalo preparado e consumir cando queiras. Ingredientes: Aceite de oliva 2 Pementos grandes carnosos (podes usar amarelos ou vermellos) 1/2 cebola 1 dente de allo 1 folla de loureiro 1/2 taza de viño branco 3 tazas de caldo de polo un pouquiño de tomillo e cilantro sal pementa Elaboración da Crema de Pementos frescos O primeiro que debemos facer é picar o pemento gordiño, picar a cebola e o allo. Despois poñemos a quentar un pouco de aceite nunha tarteira fonda a lume normal. Cando esté quente engadimos o pemento picado, reservando un pouco para despois, tamén engadimos a cebolla, o allo, o tomillo e o loureiro. Deberemos remexer de forma constante para que non se pegue nen se queime. No momento que vexamos que está medio pochado engadimos o viño branco e esperamos 3 minutos para que se lle evapore un pouco o alcohol. De seguido incorporamos o caldo de polo á tarteira e baixamos a intensidade do lume durante uns 15 minutos. Ahhh que non se che olvide remexer durante este tempo. No momento que esté listo apagamos o lume e deixamos enfríar, retiramos a folla de loureiro e xa case temos a crema lista. Se ves que quedaron moitos trozos de pemento e cebola enteiros, podes pasar a batidora ata facer unha consistencia máis de crema. Se polo contrario ves que está moi espesa quenta un pouco de caldo de polo e engádello. Este é o momento de engadir sal e pementa á nosa receita. Se che gusta o pemento crú podes engadir por riba da crema ,antes de pola no prato, uns anacos que habíamos reservado ao principio. Algúns pensaredes que é parecido ao salmorejo, pois pódese dicir que si, polo que se queredes engadirlle picatostes ou xamón relado tamén podedes. Darálle un toque diferente ao prato. Este verano refréscate con receitas a base de verduras e hortalizas frescas, que podes atopar na Praza da Verdura. As mulleres da Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas, aconsellaránche cales son os mellores productos segundo a túas necesidades. A túa compra de calidade asesorada polas que máis saben de productos frescos.
¿Pensando que vas facer de comer? Pois xa que falamos esta semana da berenxena aquí vos deixo unha receita moi sinxela e económica. Ingredientes: 2 berenxenas 1/2 kilo de carne (polo, ternera …) 100 gramos de cenoiras 100 gramos de pataca 1/2 cebola grande Aceite de oliva Pementa Elaboración: O primeiro que debemos facer é cortar as berenxenas pola metade ao largo e facer uns cortes no interior para que se coza mellor. A estas berenxenas engadimos un pouco de sal e aceite pola parte que fixemos os cortes. Unha vez listas metémolas ao forno xa prequentado durante uns 30 minutos a 180 º C. Mentras temos as berenxenas no forno podemos ir preparando o recheo . Picamos as hortalizas (cenoiras e patacas) e cocémolas durante uns 15-20 minutos, cando estén listas retiramos do lume e escurrimos. Se queredes tamén podedes engadir chícharos no recheo. Pochamos a cebola e engadimos a carne picada para que se vaia facendo Agora é o momento de picar a cebola e sofreíla co aceite de oliva, cando esté un pouco pochada engadimos a carne picada cun pouco de sal e pementa. Remexemos ata que a carne esté feita, unha vez lista engadimos á cenoira e as patacas cocidas e seguimos remexendo. Neste tempo xa tiveron tempo de facerse as berenxenas, con moito coidado de non romper a pel de fora quítamoslle a maior parte da pulpa para incorporar ao recheo. Listo agora só queda meter o recheo, se queredes podedes engadir bechamel ou queixo relado e voltar a metelas no forno durante uns 5-10 minutos mais para gratinalo. O máis importante é que se sirvan ben quentes, pero sen queimar claro, para poder apreciar todos os sabores diferentes que leva. Ven á Praza de Abastos de Vilagarcía e merca as verduras que necesites coa confianza de que son productos hortícolas (verduras, legumes, hortalizas e froita) da nosa terra cultivados de forma tradicional e vendidos sen intermediarios. Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche
Nestes días temos un tempo caluroso e o que menos nos apetece son as comidas quentes e pesadas. Esta semana traiovos un prato fesco e moi rápido de preparar para comer en calquer momento, xa sexa mediodía ou cea. Ingredientes: 100 gramos de xudías verdes (planas ou redondas) 1 lata de atún natural 2 tomates pequeniños 1 ovo 1 cullerada de vinagre 1 dente de allo pequeno Aceite de oliva Sal e pementa ao gusto Elaboración: Primeiro deberedes lavar as xudías e fervelas en auga con un pouco de sal durante uns 20 minutos. Despois de cocidas pasamolas por auga fría e escurrímolas ben. Podemos aproveitar e cocer o ovo no medio das xudías. As xudías son unha fonte de enerxía para o verán ademáis de conter moita fibra Despois deberemos lavar e trocear os tomates, de seguido troceamos o allo moi finiño e escurrimos o atún pero gardamos a auga da lata. Na auga do atún engadimos un chorriño de vinagre e un pouco de aceite de oliva, salpimentamos ao gusto e batemos durante uns minutos para que todo este ligado para facer o aliño. Introducimos nun bol ou nunha fuente grande as xudías cocidas e escurridas, o allo picado, o atún desmigado, o ovo picado medio-fino e os tomates. Todo isto regámolo co aliño que preparamos anteriormente. Se queredes a esta receita podedes engadirlle pataca cocida, cebola ou cenoira para darlle un toque diferente. Asegúrovos que o sabor será único e refrescante nestes dias que fai tanta calor. Ven á Praza e merca as verduras, hortalizas e legumes máis frescas, non atoparás esta calidade nin sabor en ningún outro lado.
Xa se fai sentir no ambiente que estamos en Semana Santa e con ela veñen as tradicións que máis ou menos todos cumprimos sexamos ou non crentes. Hoxe vamos a ensinarvos como se fai un dos pratos máis típico destes días: Potaxe de Semana Santa. Ingredientes: 350 gramos de garbanzos en seco (deberédelos poñer a remollo unhas 12 horas con un puñado de sal ) 350 gramos de bacallau xa desalagado 250 gramos de espinacas frescas 2 cebolas 4 dentes de allo 1 ovo pan Pementón 1 folla de loureiro Aceite de Oliva Sal Elaboración: O primeiro que debes facer é poñer a cocer os garbanzos, xunto con 2 dentes de allo pelados e o loureiro. Todo isto metémolo nunha ola durante unha hora e media a lume lento. As legumes secas son unha forma de comer sano durante todo o ano Mentras se fan os garbanzos podemos comezar a preparar o sofrito. Para facelo collemos 1 dente de allo e picámolo moi fino e o outro pelámolo simplemente. Tamén pelamos as cebollas e picámolas en xuliana moi finiña. Collemos unha tixola e engadimos un pouquiño de aceite de oliva e fritimolo allo picado a lume normal, cando vemos que colle un colorciño dourado engadimos o allo enteiro que temos pelado. Deixamos que se doure un pouquiño antes de engadir a cebola cortada a xuliana. Engadimos sal e esperamos a que esté pochada momento no que apagamos o lume. As espinacas son unha verdura que ten unha gran cantidade de ferro Cando enfríe un pouco sen estar frío de todo engadimos a cullerada de pementón, de este xeito non se nos queima. Removemos ben todo para que ligue e reservamos este sofrito. Neste momento é cando collemos un cazo e cocemos o ovo que precisaremos o final da receita. Pasada a hora e media de cocción dos garbanzos retiramos o allo e o loureiro que puxemos a cocer con eles, neste momento engadimos o sofrito que fixemos e botamos as espinacas lavadas. Deixamos así durante 2-3 minutos. Veremos que as espinacas xa reducen o seu tamaño entón é o momento de desmigar o bacallau en anacos pequenos que poidamos comer dun bocado e introducilo na ola. Chegados a este punto baixamos o lume a case o mínimo e deixamos cocer uns 5 minutos, iremos probando para saber se precisamos sal e se o bacalao xa está case cocido. Así xa se podería comer e estaría riquísimo volo podo asegurar pero vamos a darlle un toque final. Collemos unha tixola e con un pouco de aceite fritimos unha rebanada de pan ata que quede dourada. Despois collémolo pan desfacemolo e engadimos o allo que nos faltaba machacamos todo xunto e despois introducímolo na ola xunto cos garbanzos e o bacalao. Que non se nos olvide engadirlle ese ovo cocido que tiñamos preparado. Deixamos cocer 5 minutos máis e listo. O pan machacado co allo e o ovo cocido daralle unha textura áo caldo mais espesa e un sabor moi rico. En Semana Santa non se debe comer carne pero como vedes podemos facer pratos moi ricos que poden pasar a ser un máis do noso día a día. Ven ata a Praza da Verdura de Vilagarcía e verás todos os productos frescos que temos recollidos das nosas hortas (hortalizas, verduras, legumes e froita) e que che van dar mais dunha idea para facer de comer nestes días. Repolos das hortas das nosas labradoras da Praza da Verdura
Apetécevos un dulce feito con cenoiras para completar as vosas comidas saudables con verduras e hortalizas frescas. Ahí vos queda un flan que está para repetir e chuparse os dedos. Ingredientes: 10 cenoiras 1/2 vaso de azucre branco (para facer o caramelo) 1/4 vaso de auga (para facer o caramelo) 1/2 limón feito zume (para facer o caramelo) 6 ovos 350 gr leite condensada unha pizca de vainilla unha pizca de canela Elaboración: O primeiro e lavar as cenoiras e pelalas para polas a cocer. Cando estén ben cocidas cortamolas en rodas para que vaian enfriando antes. Para que o forno vaia collendo temperatura podemos encendelo a 180ºC para despois. Cenoiras frescas cocidas para facer a masa do flan Agora imos preparar o caramelo líquido para untar o molde. Se preferides o caramelo industrial podedes pasar o paso seguinte inda que é tan fácil preparalo que case vos animo a que o fagades vos mesmos. Poñemos un cazo a ferver con medio vaso de azucre branco, a auga e o zume do limón. Temos que ir remexendo de vez en cando para que o caramelo non se pegue e o azucre se desfaga completamente. Cando esté listo vertémolo no molde que vamos levar ao forno para facer o flan de cenoira. ¡Vamos a polo flan! Comezamos batendo 6 ovos coa batidora, cando xa estén batidos engadimos as cenoiras cocidas e cortadas xunto coa leite condensada. Batemos ben coa batidora ata formar unha pasta licuada e homoxénea. Poñemos o que nos falta que é a vainilla e a canela e voltamos a remexer, estos ingredientes nas cantidades que vos guste, porque xa sabemos que non son santo de devoción de todo o mundo. O meu consello e que non botedes moito para non desmerecer o sabor da cenoira que é o ingrediente principal deste flan. Unha vez lista a mezcla para o flan botámola no molde que untamos xa co caramelo e introducimolo no forno durante uns 30 minutos a 180º C. ¡Ollo! cada forno é un mundo así que estade atentos non vaia ser que se vos queime. A forma de comprobar se o flan está feito e introducindo un palillo de vez en cando e se sae seco sen grumos e que está listo. Sacámolo do forno esperamos a que temple e metémolo na nevera para poder servilo ben fresquiño. ¿Gustouvos o plan para o postre? Pois vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía e mercade xa as vosas hortalizas para facer comidas e postres tan saudables e ricos como os que falamos na nosa páxina da Praza.
O Pisto é unha receita moi común na provincia de Castela a Mancha mais non é só característico de alí. Moitas de nosas nais e avoas seguro que volo teñen preparado máis de unha vez. A verdade é que é ideal para comer só ou acompañar con calquer outra cousa: carne, peixe, pan, ovos … Ingredientes: 5 tomates maduros 1 calabacín 1 berenxena 1 cebola 2 dentes de allo 1 cenoira 1 puerro 2 pementos verdes 1 pemento vermello sal azucre un chorriño de aceite pementa, orégano, perexil, romero Os tomates frescos dan un gran xogo á hora de cociñar Elaboración: Nunha ola poñemos un pouco de aceite e engadimos a cebola cortada en cuadrados e o puerro en rodelas e deixamos que se fagan uns 4 minutos a lume lento. Pasado este tempo engadimos os allos limpos e picados moi fino e as cenoiras en rodelas tamén, removemos e deixamos 1 minuto mais. Aproveitamos este minuto para limpar os pementos e cortalos en cadradiños e engadimos á mestura anterior. Remexemos lentamente de vez en cando ata que todo colla unha textura pochada e aproveitamos para salpimentar, o tempo aproximado que debemos deixar as verduras e hortalizas así é duns 20-25 minutos. Noutra ola engadimos un pouco de aceite e os tomates pelados e troceados, engadimos: sal, azucre, orégano, pementa, perexil e romero e deixamos que se faga durante uns 15 minutos removendo cada pouco para que non se pegue. Cando esté listo o tomate engadimolo á outra ola que temos ao lume, onde están os pementos, cenoiras, puerro, allo e cebola. Damos unhas voltiñas durante 5 minutos para que se xunten o sabor do tomate natural cos da outra ola. E xa está lista esta mestura de verduras tamén chamada pisto. Pisto de verduras frescas con ovos Como vedes é unha receita moi sinxela que podedes utilizar como prato ou como acompañante de carnes ou peixes. Recorda podes atopar todo o que precisas na Praza da Verdura de Vilagarcía. Verduras e hortalizas cultivadas polas nosas labradoras con un sabor inigualable.
Estes días pretendemos que aumentedes a vosa dose de enerxía e vos preparedes para a primavera que conleva un aumento de horas de sol e de actividades ao aire libre. Así que a receita de hoxe vai aumentar a vosa vitalidade. Salmón á prancha acompañado de brócoli e espinacas Ingredientes por persoa: 1 manoxo de espinacas 1 brócoli mediano 2 allos aceite de oliva sal pementa O primeiro é separar os ramilletes do brécol e por a cocer as verduras con un chorriño de aceite e un pouco de sal. Deberás cocer por separado o brócoli e as espinacas, con aproximadamente uns 15 minutos é suficiente. Escurre ben as espinacas e o brócoli e reserva. Este é o momento de por os filetes de salmón á prancha con un pouco de aceite comeza sempre por a parte que ten a pel, salpimenta polo outro lado. Mentres tes o salmón a facer podemos continuar coas verduras. Trocea os allos e engadeos xunto con un pouco de aceite nunha tixola. Cando teñan un color dourado podes engadir o brécol e as espinacas para saltealos. Proba como está de sal e se é necesario engádelle un pouco. Despois duns 5 minutos xa estará listo para sacar e empratar xunto co salmón á prancha. Saltea o brócoli con espinacas e allo durante uns 5 minutos Un prato rico que gusta a todos cheo de enerxia e sabores, que aportan as verduras e o salmón. Aproveita o bo tempo e achégate a Praza da Verdura e coñecenos a nos e os nosos productos hortícolas. Sementados nas nosas terras e recollidos momentos antes de chegar á Praza para que o sabor sexa único e poder garantir o mellor producto.
¿Puerros de postre? Pois sí, e ademais vouvos asegurar que cando probedes os pasteis de verduras e hortalizas ides repetir máis dunha vez, están riquísimos. Ingredientes: 1 lámina de masa quebrada 200 gramos de bacon en lonchas moi finas ou en taquiños aceite de oliva 2 puerros 2 ovos 1 brick de nata para cociñar 100 gramos de queixo relado perexil picado sal pementa Elaboración: Preparación de pastel de verduras con bacon e puerro O primeiro que debemos facer é estirar e adaptar a lámina de masa quebrada no molde. Unha vez amoldada pinchamola cun tenedor para a súa correcta cocción despois no forno. Agora vamos preparar o contigo do noso rico pastel de hortalizas frescas mercadas na Praza da Verdura. Collemos os puerros e lavámolos moi ben, xa sabedes que os puerros crecen soterrados e inda que as vendedoras os lavan poden conter inda algo de terra entre as follas. Despois de lavamos moi ben procedemos a cortalos en rodas moi finas. Agora collemos unha tixola e engadimos o aceite de oliva e cando estén quente engadimos o puerro e o bacon. Removemos ata que esté ben pochadiño. Cando xa está escurrimos o aceite e gardamos. Nun bol grande metemos os ovos, a nata, o sal, perexil e a pementa e os batemos ata unificar todo. Unha vez mezclado engadimos un pouco máis da metade do queixo, o puerro e o bacon e voltamos a remexer. Cando esté ben mesturado vertemos todo sobre a base e engadimos por riba o resto que nos queda do queixo. O forno debe estar prequentado a 180º C e o tempo de cocción será duns 15 minutos. Como cada forno é un mundo aconséllovos que estedes atentos e cando vexades que está callada e dourada a saquedes do forno. Un postre saudable a base de verduras que vai gustar a todos
Existen millares de formas de facer pementos recheos: con carne, con atún… pero hoxe ides aprender unha receita de pementos recheos só con verduras. Ingredientes 80 gramos de aceitunas sen óso 4 rodajas de queixo 3 patacas pementa 4 culleradas de tomate frito (caseiro ou en bote) 1 cullerada de aceite de oliva virxen 4 pementos frescos (vermellos ou amarelos os que prefirades) un pouco de albahaca un pouco perexil fresco Elaboración: O primeiro que deberemos facer é limpar os pementos. Para iso comezamos abrindos por arriba e vaciando as pepitas que conteñan. Despois de limpalos completamenta polo interior reservámolos. Pementos frescos que podes atopar estes días na Praza da Verdura Despois pelamos as patacas e as cocemos con auga bastante, se tes caldo de polo ou galiña recomendamosche que o utilices porque lle dará un sabor moi rico ás patacas. Mentras cocen as patacas picamos a albahaca, o perexil e as aceitunas. Introducimolo todo xunto nun bol e engadimos as patacas cocidas trituradas ou esmagadas e remexemos para que se mesture todo ben. Engadimos o tomate frito e un pouco de pementa e voltamos a mesturar. Con esta mestura vamos encher os pementos. Unha vez listos poñémolos sobre unha bandexa de forno engrasada e metemos ao forno uns 20 minutos a 200º C aproximadamente (cada forno é diferente, así que ídelle botando un ollo de vez en cando). Cando case estén listos engade unha loncha de queixo por riba de cada pemento e volve a metelos para que se derreta o queixo. Como vedes comer saudável é moi sinxelo e non ten por qué ser aburrido. Aquí tendes unha receita moi sinxela que podedes modificar ao voso gusto: engadirlle carne, atún, ovo cocido, algunha outra verdura … Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche Comer verduras, hortalizas, legumes e froita a diario axuda ás nosas defensas para manternos en boa forma. Ven á Praza da Verdura e deixate cautivar polos cultivos que coidan con mimo e esmero as labradoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.
Os nenos pequenos son os que máis problemas poñen á hora de comer verduras na casa. Unha forma divertida de que as coman e non se den nin conta é nas croquetas. ¿A qué neno non lle gustan as croquetas? Ingredientes: 1 cebola 1 pemento verde 1 cenoira 1 calabacín 2 dentes de allo 1 litro de leite 4 culleradas de fariña 1 pouco de perexil queixo relado 1 ovo pan relado sal aceite Elaboración: O primeiro e pelar todas as verduras e pasalas por un relador, agás a cebola e o allo, así xa estarán listas para cando as precisemos máis adiante. De seguido picamos a cebola, o allo e o perexil moi pequeniño e pasamolos para a tixola cando o aceite xa esté quente. Unha vez que están brandiños engadimos as verduras que tiñamos cortadas e un pouco de sal e deixamos uns 5 a 10 minutos a lume suave. Na Praza de Vilagarcía as labradoras venden as verduras e hortalizas frescas que cultivan elas mesmas Agora é o momento de engadir a fariña de trigo, deberemos tamizala e engadila pouco a pouco. Deste xeito non se formarán grumos que despois non sexamos capaces de desfacer. Cando esté toda a fariña engadimos tamén pouco a pouco o leite, a temperatura ambiente, sen deixar de remover a tixola ata que conseguimos unha mestura con consistencia pastosa. Engadimos o queixo relado e removemos todo un minuto mais e apagamos o lume para deixar que se enfríe. ¡¡Agora toca montar as croquetas!! Cando o masa esté fría botamos aceite ou manteiga nas mans e poñemosnos a coller anacos de masa e facer as boliñas das croquedas. Pasámolas polo ovo batido e depois no pan relado. ¡¡Xá están listas!! Agora ou ben as conxelamos ou as fritimos xa para comer en abundante aceite para que non se peguen ou rompan na tixola. Esta é unha receita moi sinxela que podedes preparar cos nenos, xa veredes como se divirten facendoas. Na Praza da Verdura poderás atopar os ingredientes máis frescos para preparalas e que teñan un sabor inconfundible á nosa terra e ao producto fresco.
As coles de bruselas son unha das verduras con máis cantidade de vitaminas, pero polo seu sabor forte moitas veces témolas olvidadas. A continuación poderedes ver unha receita que xa veredes como vos fai gustar delas. Ingredientes: 400 gramos de coles de bruselas 90 gramos de xamón curado en taquiños 1/2 cebola sal pementa negra aceite de oliva 150 ml de viño branco un par de lonchas de queixo ou 50 gramos de queixo relado Elaboración: O primeiro de todo é cocer as coles de bruselas con uns 12 minutos é suficiente, unha vez cocidas escurrímolas e gardamolas para despois. Mentras estaban a cocer as coles picamos media cebola para sofreir nunha tixola con un chorriño de aceite de oliva ata que esté ben pochada case transparente. Este é o momento no que introducimos as coles de bruselas xa cocidas, engadimos un pouquiño de sal e unha pizca de pementa negra moída. Removemos uns minutos estes ingredientes. As coles de bruselas teñen unha gran cantidade de vitaminas e fibra que o teu corpo necesita Despois engadimos o viño branco e deixamos as coles cociñar 5 minutos máis para que se reduza o alcol quedando as coles de bruselas empapadas do sabor. Pasados estos 5 minutos engadimos o xamón curado en taquiños e removemos. Apagamos o lume para que o xamón non se queime e simplemente se abrande un pouco co calor e a humedad das coles co viño. Deixando o sabor a curado tamén nas coles de bruselas. De seguido engadimos o queixo ou cortado en tiras ou se é relado mellor para que se desfaga ben. E listo o teu prato está preparado para ir á mesa e sorprender a toda a familia. Verás como o sabor forte das coles quedará disimulado co xamón a cebola e o viño branco. De seguro que será un prato que vas repetir. Na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa vas atopar todos os ingredientes necesarios para realizar esta receita tan sinxela. As vendedoras de verduras, hortalizas e legumes que hai na praza axudaranche a mercar o que necesitas ou incluso te poden asesorar de outras moitas receitas.
No inverno tamén se come froita e para os que non o creades aquí vos deixamos un postre que poderes facer con productos que atoparedes na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa. Pudin de froita Unha mazá roxa Tres iogures desnatados de limón Unha pera Un plátano Un chorriño de zume de limón Un sobre de xelatina neutra Azúcar ou edulcorante Fruta para decorar Caramelo líquido O primero que deberemos facer é pelar a fruta e rociala con un pouco de zume de limón. Despois de rociala procedemos a triturala coa batidora ou a thermomix. Mentras poñemos a xelatina en un par de culleradas sopeiras de auga para hidratala. A continuación collemos a metade da froita triturada e poñemola a quentar nunha ola sen que chegue a ferver. Isto é moi importante xa que se non podemos queimar a froita e que o noso pudin sepa asqueroso. Unha vez a froita está quente mesturamola coa xelatina disolta e o resto da froita e mesturamos. Despois imos engadindo o edulcorante e os iogures de un en un e seguimos mesturando. Unha vez está todo mesturado botamos caramelo líquido no molde e vertemos a mestura. Tapamos e metemos na neveira ata que se endureza. Cando desmoldemos podemos decorar con froita fresca e un pouco de caramelo líquido. Como vedes un proste moi rico e sinxelo co que poderedes pasar esas longas sobremesas de inverno na casa falando coa familia. As nosas labradoras seguro que tamén che poden contar algunha outra receita con froita coa que sorprender tanto aos máis pequenos da casa como aos maiores. Atrévete a consumir productos con todo o sabor e frescura da nosas terras. ¡¡ Ven mercar á Praza da Verdura!!
A lombarda é un repolo moi saboroso de cor violeta que dá xogo a facer moitos pratos diferentes, a continuación deixámosvos un exemplo. Lombarda ao estilo alemán. 1 col lombarda 2 mazás verdes 1 cebola grande 1/2 taza de auga con 1 culler de maicena diluida 1/2 taza de azúcar 1/4 taza de vinagre branco ou se o preferides sidra 1 chorro de aceite de oliva 1 folla de loureiro 3 cravos de olor Sal Pementa negra recén moida O primeiro que deberemos facer será preparar os ingredientes. Collemos a lombarda e cortamola á xuliana (en tiras) ou en cadradiños. A cebola tamén a cortamos en xuliana e as mazás pelámolas quitamoslle os carozos e cortamos en medias lúas. Unha vez temos todo cortado poñemos o aceite nunha ola e comezamos a saltear a cebola xa cortada ata que esté pochada. Unha vez lista engadimos a col e as mazás e remexemos un pouco máis (2-3 minutos) Agora xa é hora de introducir o resto dos ingredientes e poñemos a ola a lume baixo. Deberemos seguir remexendo cada certo tempo para asegurarnos de que a col se coce correctamente e non se pegue. O tempo de cocción serán aproximadamente uns 45 minutos -1 hora. A cocción debe ser moi lenta e en continuo movemento ata que case quede sen líquido. Antes de apagar o lume probamos como está de sal e se é preciso engadimos un pouco. ¡¡E xa está listo para comer!!. Este é un prato moi rico e cheo de vitaminas que pode comerse só ou como acompañamento de carnes e peixes. Ven a Praza da Verdura e merca a túa lombarda para sorprender á tua familia con un prato sinxelísimo que pode ser principal ou acompañar a carnes ou peixes.
As sopas son unha forma de comer verduras case sen darnos conta. Agora que estamos no inverno e o frío faise notar unha sopa quentiña é case unha bendición para o noso corpo sen importar se somos nenos ou maiores. A continuación poderedes ver unha receita a base de verduras e hortalizas que atoparedes na Praza da Verdura de Vilagarcía. Sopa de polo ou xamón con verduras e hortalizas frescas Ingredientes: 5 cenoiras 2 dentes de allo 3 patacas 1 puerro 1/2 calabacín 1 culler de aceite 100 gramos de polo desmenuzado ou xamón tipo york 1 litro de caldo de polo A elaboración desta sopa é moi sinxela. Primeiro tendes que picar os allos e sofreilos na ola con unha cullerada de aceite. Cando os allos estén dourados engadides as verduras que xa deberedes ter troceadas. Deberedes trocear todas as verduras (cenoira, puerro e calabacín) en rodas e as patacas un pouco mais grandes. Cando as verduras empecen a estar douradas introducides o polo desmenuzado ou o xamón en cadradiños e seguides sofreindo. A continuación engadides o caldo de polo. Se non tendes caldo de polo gardado, podedes utilizar o que se vende no supermercado ou facelo a base de pastillas de caldo. O sabor non será o mesmo pero podedes sair do apuro case sen notarse. Deixades que ferva e contades 30 minutos dende que comeza a ferver, poderedes comprobar o estado de cocción pinchando unha pataca para ver se está feita. Comproba 5 minutos antes de apagar o sal e se fose necesario engade máis. Se estivese moi salado un truco é introducir máis patacas na cocción, non fai milagres pero axuda a reducir o sal. Podes introducir variantes nesta sopa: anacos de pan tostado, ovo cocido en anacos, champiñóns … Nunca te aburrirás de esta sopa tan sinxela de preparar. Como podedes ver case todos os productos os poder mercar na Praza da Verdura. Productos recollidos polas nosas labradoras nas terras do Salnés que garanten un sabor e frescura único. Se non che apetece facer unha sopa pero non sabes que cociñar pídelle consello ás Vendedoras da Asociación de Vendedores da Praza da Verdura de Vilagarcía. Elas son expertas en receitas con verduras, hortalizas, legumes e froitas frescas.
Estamos en datas sinaladas nas que as comidas familiares, con amigos e coa empresa aparecen por todos os lugares sen apenas tempo a descansar. Moitas veces estas comidas copiosas non son todo o sanas que deberían e arriscamos con mesturas de alimentos. Hoxe vamos traer un prato de entrante ou aperitivo; como lle queriades chamar, con espinacas. A semana pasada falamos das propiedades tan beneficiosas que teñen as espinacas para o noso corpo. Entrantes de salmón con espinacas Ingredientes: 300 gramos de espinacas frescas 3 allos frescos 3 ovos sal aceite Tostadas, galletas salgadas ou pan o que prefirades para facer base 150 gramos de salmón afumado en filetes Para decorar por riba, podedes utilizar: sucedaneo de caviar, bolas de gelatina, cebollino… e se non sen decoración. O entrante de hoxe é moi sinxelo e rápido de preparar. En primeiro lugar, por se alguén non lle gusta o pequeno amargor que ten a espinaca, debes cocela un pouquiño uns 5 minutos. Se vos gusta o sabor orixinal da espinaca podedes facela sen cocela. O que si deberemos cortala en trozos pequenos ou tiras. Unha vez cortada a espinaca sofreímola xunto cos allos laminados e o aceite nunha tixola ata que os allos queden tenros. Mentras as espinacas e o allo están sofreíndose, batemos os ovos e introducimolos tamén na tixola. Remexemos ata que as espinacas e o ovo se mesturen ben. Para que vos fagades unha idea ten que vir a quedar como unha tortilla francesa pero con espinacas. Cando esté lista deixamos enfriar e cortámola en anacos acorde co tamaño da base (tostadas, rebanadas de pan, galletas salgadas …). Collemos o salmón e facemos o mesmo co revolto da espinaca, cortamos en anacos para por enriba dos nosos entrantes. Unha vez que temos todo cortado e listo xa só queda o que poderíamos chamar «a montaxe». Colle as bases pon enriba o revolto das espinacas e para cerrar un anaco de salmón. Se queres podes decorar como na foto, hoxe en día existen moitas formas diferentes. Fai diferentes as túas comidas ou entrantes estas navidades con productos frescos mercados na Praza da Verdura de Vilagarcía. Se eres mais tradicional e queres preparar o teu bacalao con coliflor para a familia e non sabes como facelo pregúntalles as nosas praceiras. Seguro que coñecen moitas formas diferentes de cociñalo. Se non che gusta o bacalao pero si a coliflor invitámoste a que lle botes un ollo a unha receita da nosa web: Coliflor gratinada con xamon e setas (que xa estamos en temporada)
Seguro que moitos de vos xa estades temendo as grandes comilonas do Nadal. Comidas longas e pesadas que pasan factura tanto ao noso sistema dixestivo como aos kilos de mais que sempre aparecen. Hoxe vamos a compartir unha receita de ensalada para que vaiades preparando o voso estómago. Receitas de ensaladas nutritivas e lixeiras coa Praza da Verdura Ensalada de Lombarda Ingredientes: 1/2 kg de lombarda 2 cenoiras 3 culleradas de sementes de granada 5 rabanitos 3 culleradas de aceite de oliva 1 culler de vinagre 2 culleradas de zume de laranxa 1 culler de mel 1/2 culler de mostaza pementa negra sal O primeiro que debedes facer e lavar ben todos os ingredientes para evitar que leven terra ou suciedade. As follas de lombarda deberedes sacarlle a parte mais grosa do tronco que soe ser mais agria. Despois cortaredela á xuliana e poredela nun bol. Pelamos as cenoiras e cortámolas como mais vos guste en rodas, en pauciños ou se queredes incluso a podedes raiar. Cortamos os rabanitos en rodas moi finas e xuntámolo xunto coas sementes de granada e a cenoira á lombarda. Mezclamos todo e xa temos a ensalada, agora só falta o aliño. Para preparalo poñemos nunha taza o aceite de oliva xunto co vinagre o xume de laranxa a mel e a mostaza e batemos todo enérxicamente para que se mezclen. Salpimentamos ao gusto e ¡¡¡listo para tomar!!! Podes probar a engadirlle ovo, sémola, mazá, … hai un sinfín de posibilidades segundo o gusto de cada un. As verduras, hortalizas e froitas en ensaladas axudan a regular o noso sistema dixestivo. O que sí e que para conseguir os mellores productos do mercado terás que achegarte á Praza da Verdura este Nadal. Teremos os productos mais frescos esperando por ti, recollidos da terra directamente para o mercado.
No inverno non todo ten que ser sopas, caldos e guisos. Tamén se pode comer froita, verduras, legumes e hortalizas doutras moitas formas, por exemplo con zumes. Hoxe en día nos supermercados podes atopar zumes de moitos sabores e cores. Pero se tedes 5 minutos aconséllovos que non o merquedes no super e fagades vos un zume natural 100% e recén exprimido. De seguro que os máis pequenos lles vai encantar para a merenda, e así vos asegurades de que toman verduras e froita todos os días. Non vos esquezades de mercar os ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía. As nosas labradoras e vendedoras traen as verduras recén collidas para vender nos seus postos da Praza. A continuación vouvos deixar 4 receitas para facer zumes naturais: Zume de remolacha Zume de remolacha con productos frescos Ingredientes: 1/2 kilo de remolachas 1 cebola pequena 250 gr. de iogur natural 1/2 limón (zume) Debes raiar as remolachas ea cebola e metélas na batidora facendo un puré. Despois engades o iogur e o zume de limón. Podes tomalo como zume ou como salsa para aliñar ensaladas. Zume de Kiwi Zume de Kiwi con Laranxa, cargado de fibra Ingredientes: 3 kiwis 1 laranxa 100g ramos de uvas brancas Debes xuntar os kiwis pelados e troceados xunto coas uvas nunha licuadora. Cando a mezcla está lista podes ou ben engadir o zume la laranxa ou pelala e introducila cortada para voltar a licuar de novo. Este é un zume moi rico en vitaminas e sales minerales co que poderás recuperar a enerxía despois dun longo día. Zume de hortalizas Zume de espinacas con cenoira Ingredientes: 1/2 taza de espinacas 3 espárragos 2 cenoiras 1 trozo de apio 1/2 mazá en cuartos 1 tomate maduro Pon as espinacas, os espárragos, o apio e a cenoira nunha batidora. Cando case esté liquido o contigo engade a mazá e o tomate. Este é un zume cheo de vitaminas ao que podemos engadir se nos gusta un pepino que aportará un sabor máis doce e fibra ao zume de hortalizas. Zume de cenoira Zume de Cenoira con perexil Ingredientes: 2 cenoiras frescas 1 culler de perexil fresco zume de medio limón Auga Pela as cenoiras e colocaas na licuadora xunto con auga e o perexil. Unha vez esté licuado cola e engade o zume de limón para que lle quite un pouco o dulzor da cenoira. Este é un zume cargado de vitamina A con efecto diurético polo perexil que evita que o noso corpo reteña líquidos innecesarios. O zume de limón aporta vitamina C que conteñen os cítricos que axuda a mellorar as nosas defensas, algo moi importante no inverno. Os zumes naturais teñen moitas mais proteinas e vitaminas que os zumes refrixerados Estos son algúns dos zumes que podes facer na casa de forma natural. Os zumes recén feitos con verduras, hortalizas e froita fresca aportan un 70% máis de beneficios que os zumes prefabricados mercados nos supermercados. Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía e merca os ingredientes para facer esta e moitas outras receitas con productos frescos.
A coliflor como xa comentamos en artigos anteriores ten infinidade de propiedades beneficiosas para o noso corpo. Pero tamén sabemos que non a todas as persoas lles gusta. Pero un consello existen infinidade de receitas con coliflor así que anímovos a que as fagades e vexades se de verdad non hai ningunha que lle guste a túa familia ou amigos. Deixovos a primeira para que fagades a proba. Coliflor gratinada Ingredientes aproximados: 1/2 Coliflor (depende do tamaño da coliflor) 200 g xamón en cadradiños 200 g setas ou cogumelos (o que prefirades) 2 cebolas medianas 1 pataca grande 100 ml viño branco 5 ovos aceite de oliva (se pode ser virxen mellor) sal ao gusto pementa tomillo Elaboración: A coliflor axuda a reducir a retención de líquidos e a artrite Conta cuns 40 minutos de elaboración, non é unha receita rápida pero tampouco perderás unha mañá enteira cociñando. O primeiro que debes facer é separar as ramificacións da coliflor e lavalas. Isto facémolo para que se cociñen antes xa que os troncos tardan mais en cocer. Podes cocelas ao vapor ou con auga. O tempo de cocción é aproximadamente o mesmo uns 20 minutos. Neses 20 minutos podedes aproveitar para preparar os outros ingredientes. Temos que picar a cebola en cadradiños pequenos para facer un rustido con aceite de oliva durante uns 5 minutos. Despois engadimos o viño e deixamolo a lume lento para que vaia fervendo e evaporando o alcol. Deixamos a ferver mentras pelamos as patacas e cortamos en taquiños tamén. Xuntamos a pataca coa cebola e o viño e deixamos cocer 15 minutos engadindo sal e pementa segundo o gusto dos comensais. Pasado ese tempo retiramos do lume e batimos todo ata formar unha salsiña coa que cubriremos o fondo do recipiente que usemos para o forno. Poñemos a coliflor cocina enriba da salsa. Batemos as xemas dos ovos con sal e pementa e botámoslla por riba á coliflor para de seguido meter no forno para gratinar. O tempo no forno será aproximadamente uns 15-20 minutos ata que esté gratinada (dependendo do forno), o que tardemos en facer un salteado de setas ou cogumelos con xamón e tomillo nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Cando esté gratinada a coliflor sacamola do forno e extendemos por riba o saltedo das setas co xamón. ¡¡¡E xa está listo para comer!!! Así de sinxelo é rápido é facer unha comida saudable e diferente con coliflor fresca que podes mercar na Praza da Verdura.
¿Quén dixo frío se temos na nosa mesa un caldiño de verdura con galiña? Moita xente pensa que comer saudable é moi lioso e traballoso e acaban comendo cousas precociñadas ou fritas. Con esta receita verás que sinxelo é facer un caldiño que nos leva a cando eramos pequenos e comiamos na casa dos avós. Ingredientes: 1/2 galiña (a poder ser sen pel para reducir as grasas do caldo) 2 cenoiras 1 puerro 1 cebola pelada 1/2 repolo ou 1 enteiro se é pequeno 1 tomate maduriño Se nos gusta tamén podemos engadir apio Elaboración do caldiño: Antes de nada debemos comprobar que temos unha ola grande ou se non deberemos cortar a galiña en anacos pequenos que poidan entrar na ola. Eu prefiro facelo en anacos para repartir mais fácilmente nos pratos unha vez lista a sopa. Pois comezamos… 😉 Metemos a galiña con auga bastante uns 4 dedos por riba da galiña e un puñado de sal gorda. Se hai problemas de tensión nos comensais reduciremos a cantidade de sal para que poidan comer todos con tranquilidade. Deixamos que ferva e verás como comeza a aparecer unha espumiña branca na auga, esto é polas grasas que ten a galiña. Aconsellamos retirala para conseguir un caldiño limpo. Despois deixamos ferver uns 25 minutos e despois engadimos todos os ingredientes troceados (cenoira, puerro, cebola, tomate, apio, repolo) polo menos en 4 anacos cada un para que saia o sabor de todos e se incorpore á auga. De seguido baixamos a intensidade do lume a lento. Deixaremos cocer as verduras xunto coa galiña 1/2 hora mais e xa podemos retirar do lume. E xa está listo para comer o caldo de verduras con galiña. Esta auga podes conservala para utilizar en sopas nun futuro ou en guisos. Para conservala podes metela na neveira se é por uns días e se non introducea nunha botella e garda no conxelador ou nunha cubiteira. Se a metes nunha botella cando queiras volver a usar o caldo só terás que meter a botella fechada en agua quente e esperar a que desconxele. Convertir un caldo nunha sopa Convirte un Caldo en Sopa de Verduras Se queres podes variar o prato convertindo nunha sopa de verduras rica en proteinas. Para elo retira un pouco de auga e engadirlle pasta para facer unha sopa. No momento de servir introduce anacos da galiña en tiriñas ou cadrados e engádelle tamén un ovo cocido picado. Verás que sabor máis rico consegues e cheo de proteinas que aporta o ovo cocido. Ven é coñece as labradoras e vendedoras da Praza de Abastos de Vilagarcia. Elas poderán darche esta e outras máis recetas para conseguir que as túas comidas ademais de variadas sexan saudables e nutritivas. Se queres poñerte en contacto con nos podes facelo na Praza da Verdura todos os martes e sábados ou mediante o email hola@prazaverdura.com
Ingredientes para facer un Guiso de Lentellas 375 gramos de lentellas 1 pemento verde 1 cebola 1 cenoira 1 pataca mediana 1 tomate 2 dentes de allo 100 gramos de chourizo 5 culleradas de aceite de oliva 1 culler pequena de pementón doce 1 litro e medio de auga Sal 1 folla de loureiro As legumes teñen un gran aporte de fibra e vitaminas para o noso corpo Elaboración Enxagua ben as lentellas e botas nunha ola grande con auga. Dalle un corte na punta ao pemento e botao na ola xunto coas lentellas. Engade tamén o tomate, a folla de loureiro, unha culler pequena de sal e a cullerada pequena de pementón. Trocea a pataca e bota na ola. Corta a cenoira a taquiños e engadea coas lentellas. Despois corta o chourizo en rodas e botao na ola. Mentras se fan as lentellas podemos preparar o sofrito. Así que pinta a cebola e corta os allos. Pon a quentar unha tixola co acete e engade a cebola e os allos troceados. Deixa a lume medio ata que se pochen e collan algo de cor. Pon o sofrito no vaso da batidora e engade medio vaso de auga. Bate durante un minuto e despois engade a ola e remexe. Cando as lentellas estén tenras (uns 45 minutos) retira o pemento, o tomate e a folla de loureiro. Por último proba o sal e si fai falla engade un pouco máis. Aquí non se tira nada así que se queres podes gardar o pemento e o tomate que retiramos para facer unha crema de legumes. Un par de trucos e consellos para darlle un toque diferente: Hai persoas que ao final da preparación cando xa están listas as lentellas engádelle un chorriño de vinagre para darlle mais sabor ou comino moído. Tamén podes engadir despois de feitas un ovo cocido en anacos, xa verás que sabor lle dan. Están riquísimas!!!
Este postre a base de castañas é un postre de temporada moi fácil de preparar, ademáis ten moi poucas calorías e aporta un extra de enerxía ao teu día de forma rica e saborosa. Pudin con caramelo e castañas: Postre de temporada na Praza da Verdura Ingredientes: ½ kilo de castañas 6 ovos grandes ½ litro de nata líquida 350 gramos de azucre Sal ao gusto As mellores castañas escollidas polas vendedoras da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa Elaboración: Primeiro debemos pelar as castañas e poñelas a cocer nunha ola con auga e sal a ferver. Cando as castañas estén brandiñas sacámolas e poñémolas a escurrir. Apartamos algunhas (9 ou 10) para decorar ao final. Despois poñemos nunha tixola 200 gramos de azucre a lume lento para facer o caramelo (se preferides tamén podedes usar o que xa ven feito). Este caramelo porémolo no fondo do molde no que vamos a facer o pudin. O resto das castañas cocidas metémolas nun bol xunto cos ovos batidos, 150 gramos de azucre e a nata líquida. Trituramos todo ben coa batidora ata que apareza unha crema sen trozos grandes. No molde primeiro botamos o caramelo líquido, despois as castañas apartadas cortadas en trozos nen moi pequenos nen moi grandes. E como final por riba vertemos a crema que acabamos de facer. Metemos o molde ao baño maría no formo prequentado a uns 180º C e deixamolo uns 40-45 minutos. Como cada forno é un mundo recomendovos que de vez en cando lle botedes un ollo. Para saber que está ben feito utilizaremos algo para pinchalo (mondadentes, pau de pinchos, garfo, …) e se sae limpo entón xa está ben feito por dentro. Deixamolo enfriar a temperatura ambente e despois un consello para que o caramelo se despegue do molde é metelo poste uns 5-10 minutos na neveira. E así de simple listo para comer un postre nutritivo, saudable e caseiro ao 100% con ingredientes que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía. As castañas están boas de calquer forma. Mercaas na Praza da Verdura Deixate aconsellar polas nosas praceiras do Mercado de Vilagarcía sobre os productos de temporada e as receitas máis saborosas que podes facer con eles. Se queres contactar connosco podes facelos visitándonos os martes e sábados na Praza da Verdura ou a través do seguinte e-mail hola@prazaverdura.com
Un postre doce que gusta a pequenos e maiores, con productos da Praza da Verdura. Invita aos nenos a que te acompañen a mercar a cabaza na Praza da Verdura de Vilagarcía para despois che axuden a facela receita xa que é moi sinxela Ingredientes: 250 g de puré de cabaza 2 ovos 30 g de azucre 1 pouquiño de canela 50 g de fariña 1/4 cucharadiña de levadura química aceite de xirasol para fritir Pídelle axuda aos nenos para facer un postre saudable e moi rico con cabaza Elaboración das chulas: Se inda non vaciamos a cabaza aconséllovos que primeiro a cozades uns 5 minutos, xa que cando está medio cocida solta menos auga e o sabor é mais intenso. Unha vez teñamos os 250 gramos de puré (xa sexa a cabaza cocida ou crúa) mesturamos o puré cos ovos xa batidos, o azucre e a canela. Despois engadimos a fariña tamizada xunto coa levadura e removemos pouco a pouco (preferiblemente cun garfo) para conseguir que a mezcla dos productos se faga completamente sen grumos e sen aire no interior. Deixamos repousar esa mezcla durante media hora tapada nun lugar fresco. Cando xa pasou o tempo a masa aseméllase a una pasta espesa como unha crema pasteleira, devemos removela un pouco e xa está lista. Agora só debemos coller pequenas porcións de masa con unha culler ou coa man e pasalas polo aceite de xirasol ben quente. Debemos mantelas no aceite ata que estén ben doradas polos dous lados. Cando están listas sacámolas e pasámolas por un papel absorvente para quitar o exceso de aceite que vai soltar e non queden tan pringosas. Se queremos podemos espolvorear un pouco de azucre misturado con canela por riba. Existen diferentes tipos de cabazas con diferentes texturas e sabores. Achégate á Praza da Verdura As chulas están boas de calquer xeito pero quentes… son unha delicia. Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa e consegue a túa cabaza para decorar, cociñar e desfrutar. Podes facer as túas reservas a través do e-mail hola@prazaverdura.com As vendedoras e labradoras da Praza de Vilagarcía pódente asesorar tamén de outras moitas receitas con cabaza, porque comer saudable e rico non ten que ser aburrido.
Ainda que o sol non nos abandonou de todo o frío faise notar pola tarde – noite. Así que o mellor é combatilo con ceas saudables, quentes e cheas de vitaminas e fibra para combater as gripes, catarros e mocos habituais desta época. Esta receita además de comer rico e saudable vaiche compensar no peto, xa que as verduras, hortalizas e legumes utilizadas son todas de temporadas. Estofado de temporada con productos frescos das vendedoras da Praza da Verdura: Lista de ingredientes: • 300 gr de garavanzos xa cocidos • 300 gr de xudía branca xa cocida • 300 gr de lentellas xa cocidas • 400 g de cabaza • 2 puerros • 1 cebola • 2 dentes de allo • 1 cenoira • 2 tomates • 1 folla de loureiro • 1 cucharadiña de pimentón vermello doce • 1,5 l de caldo de polo, verduras ou auga mineral • Aceite de Oliva Extra Virxe • Sal e pementa Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa Elaboración: Escurrimos as legumes (xudías, lentellas e garavanzos), pasámolas por auga fría e reservamos. Cortamos a cebola en xuliana, picamos os allos, pelamos e cortamos en rodas as cenoiras e os puerros, e cortamos a dados os tomates. Nunha ola facemos o sofrito co aceite de oliva virxe, para iso incorporamos a cebola, a cenoira, os allos e os tomates.Deixamos caramelizar todo e rectificamos de sal ata que xá esté feito. Unha vez que comprobamos que as hortalizas están cocidas pasámolas pola batidora. Engadimos neste sofrito o pementón vermello doce e deixamos cociñar un par de minutos máis e introducimos as legumes. A continuación, mollamos con caldo de polo o auga mineral, engadimos a cabaza e a folla de loureiro, e esperamos a que ferva. Deixamos ferver a lume lento uns 25 minutos e rectificamos o sal ao final, se fose necesario. A min xa me meteu envexa esta receita, un estofado quente con verduras e legumes de temporada. Achégate e ven a coñecer todos os productos que che podemos ofrecer as vendedoras da Praza da Verdura. Se non tes moito tempo para facer as compras podes facer a reserva dos teus productos a través do e-mail hola@prazaverdura.com e pasar a recoller a túa cesta xa preparada pola praza da verdura, calquer martes ou sábado.
Coa chegada do outono e inverno nos só cambiamos a roupa do armario senón que tamén mudamos a forma de comer. Procuramos comidas quentes, cheas de vitaminas e fibra coas que combater o frío que se mete no corpo e os virus da gripe. Sopa de Verduras frescas con productos da Praza de Abastos Ingredientes: Xudias verdes Cabaza Cenoira Brócoli Coliflor Calabacin Apio Puerro Repolo Cebola Allos Algo de grasiña: xamón, polo, agua de caldo, … ou senón unha pastilla de caldo Aceite de oliva virxe Productos de temporada para facer ricas comidas a moi bó prezo Elaboración da Sopa de Verduras: As cantidades de verdura, legumes e hortalizas non as poñemos porque cada un gústalle a sopa de forma diferente. Algunhas persoas prefiren que sexa mais ben auga e outra xente prefire comer contundente só coa sopa. Así que as cantidades máis ben a ollo que de seguro vos vais sair igual de sabrosa. Primeiro deberemos saber se vas a utilizar pastillas ou caldo x afeito para a grasiña se é así comezaremos picando todas as veduras, incluidas a cebola e o allo e mételas nunha ola. Despois procedemos a botarlle auga ata cubrir e inda sobrepasar un pouco as verduras e legumes e engadimos un chorriño de aceite virxe extra. Non deberemos pasarnos botando o aceite xa que o que vamos botar algo para darlle unha grasiña e sabor extra. Se vamos utilizar ósos de polo ou galiña o mellor é que os metamos nunha bola para facer caldo ou nalgún instrumento ou bolsa na que os osos non se poidan sair e quedar no medio da nosa sabrosa sopa. Tamén será o primeiro que deberemos poñer a cocinar e aos 15 minutos engadir as verduras. Unha vez comece a ferver as verduras, legumes, … xunto coa grasiña deberemos baixar a potencia un pouco e deixar ferver uns 20 minutos. Se queres podes engadir nos últimos 5 minutos algún tipo de pasta fina (fideos, piñons, cus cus, …) Pero asegúrovos que está boísima sen ter que engadir nada máis. E así de sinxelo é facer unha comida sobrosa e quente con productos de temporada que podes atopar na Praza da Verdura. Ahh… e moi económica xa verás, porque comer de temporada axuda aos nosos petos. Esperámoste na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa os martes e sábados. Se o prefires podes facer a reserva dos teus productos a través do e-mail hola@prazaverdura.com, así non terás problema de quedar sen algún dos ingredientes de esta rica sopa con productos de temporada. E se non che gusta a sopa pregunta as vendedoras que sabemos mil e unha recetas diferentes que facer cos productos que vendemos na Praza da Verdura.
Agora que coñecemos todos os beneficios que os grelos nos aportan á nosa saúde vamos a probar o ricos que están cociñados. Hoxe receta de Tortilla de Grelos fresquiños que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcia. Un prato sabroso, rápido e sinxelo de facer para calquer momento do día con productos frescos cultivados polas propias vendedoras da Praza. Tortilla con grelos frescos 5 ovos 1 kg de patacas Aceite de oliva Sal ao gusto Grelos frescos (peso 700 gramos aprox.) 1 chourizo galego Elaboración: Primeiro pelamos as patacas e cortamoas como máis nos guste. Hai persoas que lles gusta en cadrados, outras en láminas, outras de formas irregulares. Fritímolas nunha tixola grande para non desfacelas moito ao remexer. Despois as apartamos as patacas ben escurridas nun bol grande no que xa se encontran batidos os ovos. No bol deben caber as patacas, os grelos e os chourizos. Deixamos repousar as patacas cos ovos batidos mentres cocemos os grelos co chourizo. Unha vez cocidos escurrimolos ben e cortámolos o máis fino que poidamos para que se mezclen ben coas patacas na tortilla. Cortamos tamén o chourizo en anacos pequenos e pasamolo pola sarten sen aceite para que saque a súa propia salsa e grasiña. Metemos os grelos e os chourizos no bol coas patacas e cos ovos e remexemos ben. Cando se atopan ben mezclados pasamos á sartén xa medio quente. O tempo depende de como che guste a tortilla, se che gusta co ovo medio crú cuns 4 minutos estará lista. Senon só terás que esperar un pouco máis cada un ten o seu truco. Se queres podes engadirlle tamén cogumelos ou queixo ¡¡Vas ver que rica che queda!! Hoxe en día existen grelos en conserva pero como a tortilla con grelos naturais non vas a probar en ningún lugar. Grelos sementados na terra dunha das vendedoras da Asociación da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa e consegue os mellores grelos frescos e con sabor da terra ou fai as túas reservas a través do e-mail hola@prazaverdura.com As vendedoras pódente asesorar tamén de outras moitas recetas con grelos, porque comer saudable e rico non ten que ser aburrido.
Crema de Cabaza Ingredientes: 300 gramos de cabaza limpa Unha pataca pequena Unha cebola pequena Un par de pastillas de caldo de polo 300 ml de auga 50 ml de aceite de oliva virxen Preparación da Crema de Cabaza: Comezaremos limpando a cabaza, quitándolle a cáscara e a parte branda do centro onde están as sementes. Unha vez a temos limpa temos que troceala cortándoa en dados. Despois pelamos e lavamos a pataca e a cortamos da mesma forma que fixemos coa cabaza. Finalmente pelamos a cebola e a picamos en dados dun grosor similar ao resto de ingredientes. Poñemos a quentar unha ola de bo tamaño, co aceite de oliva virxen, e unha vez esté quente botamos a cebola troceada e a sofreímos ata que empece a cambiar de cor. Nese momento engadimos a pataca e a cabaza troceadas, removemos ben e botamos o caldo de polo, o cal podemos facelo diluindo as pastillas na auga ou ben usar un caldo de polo caseiro ou comprado xa feito, incluso pode ser de verduras se o preferes. Quentamos a temperatura alta ata que o caldo empece a ferver, entón baixamos a intensidade á metade e mantemos así sobre 25 ou 30 minutos, ata que a verdura quede ben brandiña. Unha vez esté branda usaremos unha batidora para bater todo o contido da ola ata deixalo ben batido formando unha crema homoxénea sen trozos. Correximos o punto de sal e mantemos uns minutos máis a temperatura suave antes de apartar a ola do lune. E xa podemos servir en quente esta crema de cabaza ou ben reservala ata a hora de comer.
Receita de Lacón con Grelos en ola rápida: 1 Lacón pequeno 8-12 patacas medianas 4 manoxos de grelos 4 chourizos Unto salgado Sal Preparación do Lacón con Grelos Primeiro ponse a cocer nunha ola express o lacón previamente remollado, cortado en talladas dunos 4 cm de grosor xunto cos chourizos aproximadamente 20 minutos. Despois pasado ese tempo, abrimos a ola, sacamos o lacón e os chourizos xa cocidos e os reservamos nunha cazola aparte cobertos con parte do seu caldo. Co resto do caldo de cocer o lacón e os chourizos poremos a cocer (novamente na ola a presión durante uns 10 minutos ) os grelos, previamente lavados e cortados en trozos grandes, xunto coas patacas mondadas e enteiras e un trozo xeneroso de unto salgado. Unha vez cocidos os grelos e as patacas, servimos nunha fonte acompañados do lacón e os chourizos.
Calabacín recheo de atún: Ingredientes: Dous bos calabacíns 250 gramos de atún 150 gramos de tomate frito Unha cebola Tres dentes de allo Aceite de oliva virxen Sal Pementa moída Queixo relado Preparación: Antes de nada vamos a prender o forno para que se prequente mentras preparamos a receita, e o facemos a 180ºC. A continuación lavamos ben os calabacíns por fora, cun trapo húmedo ou ben baixo o grifo. Secamos e cortamos de forma lonxitudinal, para que nos queden dúas metades dun tamaño similar. Engrasamos cun pouco de aceite de oliva unha fonte apta para o forno e cando alcance a temperatura desexada metemos a bandexa cos calabacíns cortados e deixaremos uns 25-30 minutos, con coidado de que non se queimen. Cando pase o tempo e os calabacíns ablandasen o suficiente, deixamos que se enfríen un pouco e con coidado sacamos a pulpa, axudándonos cunha culler e cun coitelo ben afiado. É importante non romper a pel, xa que debemos deixala con unha boa consistencia para poder encher máis adeiante, así que non quites demasiada pulpa para que non queden buracos nen se rompa durante o proceso. Unha vez saquemos toda a pulpa, a troceamos ben. Ao rematar pelamos e picamos en trozos non moi grandes a cebola e os dentes de allo, que máis adiante empregaremos para preparar o recheo. Tamén abrimos as latas de atún e as deixamos escorrir ben para que o aceite sobrante se escorra e quede únicamente o atún. Con estes ingredientes e a pulpa que tiñamos troceada antes, preparamos xa o recheoo para os nosos calabacíns. Poñemos a calor medio unha sartén ampla cun chorro de aceite de oliva virxen, e poñemos a sofreír a cebola e os allos, cun pouco de sal por riba, e removendo de vez en cando. Cando se poche un pouco, agregamos a pulpa dos calabacíns xa picada e mantemos outros 5-6 minutos para que se cociñe ben. O siguinte que faremos será votar na sartén o atún y vamos a cociñar un 5-6 minutos. Engadimos por último o tomate frito, que puede ser caseiro ou comprado, e cociñamos a calor medio un 5 minutos máis. Ao rematar enchemos con esta mezcla as peles dos calabacíns, que colocaremos nunha fonte que sexa apta para forno. Por riba poñemos queixo para fundir e metémolos a unha temperatura de 180ºC durante uns 25-30 minutos, despois servimos en quente.