Ensaladas listas para tomar en calquer lugar

| Categorías:

Obradoiro de Ensaladas para nenos

  • 9 de Agosto de 2016 de 10 a 12 horas

Na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Gratuíto

 

O día 9 de Agosto  esperámosvos na Praza da Verdura para asistir a un obradoiro de Ensaladas frescas dirixido aos mais pequenos.

Todos sabemos o difícil que é que os nenos queiran comer algo de color verde ou que se asocie coa verdura. Por este motivo A Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa vai celebrar este obradoiro donde poderán probar o ricas que están as hortalizas das nosas terras que non teñen nada que ver coas compradas nas grandes superficies refrixeradas.

Ahora que fai calor sempre apetece e convén que os nosos nenos se alimenten con productos frescos e que mellor que con unha ensalada chea de color e sabor.

Achégate o día 9 de agosto entre as 10 e 12 horas e leva para que proben os nenos unha ensalada con productos das nosas leiras.

As hortalizas que a compondrán son prantadas e recolectadas polas vendedoras da asociación da Praza da Verdura. Productos naturais das nosas hortas do Salnés

Axúdanos a fomentar os hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos traendos á Praza o 9 de Agosto.

Lugar: Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa
Cargando…
  • Zumes naturais ao momento

    Zumes naturais ao momento

    Productos para a elaboración dos zumes

  • Zumes naturais refrescantes

    Zumes naturais refrescantes

    Os nenos todos atentos vendo como se preparan estes zumes

  • Froita fresca

    Froita fresca

    Preparación no momento de zumes á vista dos nenos

  • Sabor de Praza

    Sabor de Praza

    As froitas e legumes, foron doadas polas labradoras da Praza da Verdura

  • As primeiras probas foron un éxito parece que aos nenos lle gusta a alimentación saudable

  • Contacto coa froita

    Contacto coa froita

    Os nenos non quitaban ollo de enriba as froitas e hortalizas utilizadas para os zumes

Zumes naturais ao momentoZumes naturais refrescantesFroita fresca Sabor de PrazaContacto coa froita

Outros eventos que organizamos e che poden interesar:

Cargando…