Axenda de Eventos de Praza da Verdura
Preparación de zumes naturais

Obradoiro de Zumes e Batidos para nenos 23 de Agosto de 2016 de 10 a 12 horas Na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa Gratuíto A Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa quere mostrarlle aos mais pequenos que a fruta non é un rollo. Con este obradoiro que celebramos o día 23 de agosto conseguiremos que proben outra forma diferente de comer fruta. Achégate a Praza da Verdura de Vilagarcía de 10 a 12 horas e poderán probar un zume ou batido recén feito con todo o sabor e proteínas. As froitas e verduras utilizadas para a elaboracón destes zumes e batidos serán aportadas polas vendedoras da asociación, é dicir, que serán todas das nosas hortas. ¡¡Máis fresco imposible!!! Acostuma aos nenos a un hábito de vida saudable comezando pola alimentación.
Ensaladas listas para tomar en calquer lugar

Obradoiro de Ensaladas para nenos 9 de Agosto de 2016 de 10 a 12 horas Na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa Gratuíto O día 9 de Agosto esperámosvos na Praza da Verdura para asistir a un obradoiro de Ensaladas frescas dirixido aos mais pequenos. Todos sabemos o difícil que é que os nenos queiran comer algo de color verde ou que se asocie coa verdura. Por este motivo A Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa vai celebrar este obradoiro donde poderán probar o ricas que están as hortalizas das nosas terras que non teñen nada que ver coas compradas nas grandes superficies refrixeradas. Ahora que fai calor sempre apetece e convén que os nosos nenos se alimenten con productos frescos e que mellor que con unha ensalada chea de color e sabor. Achégate o día 9 de agosto entre as 10 e 12 horas e leva para que proben os nenos unha ensalada con productos das nosas leiras. As hortalizas que a compondrán son prantadas e recolectadas polas vendedoras da asociación da Praza da Verdura. Productos naturais das nosas hortas do Salnés Axúdanos a fomentar os hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos […]